← Volver Diario do Limia

Xinzo de Limia liderou a taxa de doazón de sangue en Ourense no 2023

Xinzo de Limia liderou a taxa de doazón de sangue en Ourense no 2023

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) levará a cabo a campaña especial de doazón de sangue «Somos Olímpicos» o venres 12 e o sábado 13 de xullo en Xinzo de Limia. Esta iniciativa pretende sensibilizar á cidadanía galega sobre a importancia do xesto solidario da doazón de sangue durante os meses de verán.

No pasado ano 2023, Xinzo de Limia foi o municipio con maior taxa de doazón da provincia de Ourense, con 525 doazóns, acadando un índice de 55 doazóns por cada 1.000 habitantes. ADOS quere trasladar o seu recoñecemento aos veciños e veciñas deste concello polo seu altruísmo e solidariedade.

Unha unidade móbil de ADOS estará estacionada diante do Concello de Xinzo de Limia nos seguintes horarios:

Venres, 12 de xullo: das 10:00 ás 14:00 horas e das 16:00 ás 21:00 horas.
Sábado, 13 de xullo: das 10:00 ás 15:00 horas.

Ademais, o venres, ao carón da unidade móbil, disporase unha montaxe alusiva aos Xogos Olímpicos e todos os doantes recibirán unha camiseta co lema da campaña como agasallo.

Unidade móbil de ADOS.

Esta campaña desenvolverase en 23 concellos galegos e é especialmente importante durante o verán, período no que se fai máis difícil manter un volume de doazóns estable debido á deslocalización dos doantes habituais por mor das vacacións. ADOS lembra que, diariamente, son precisas entre 400 e 500 doazóns de sangue para o mantemento do labor asistencial dos hospitais galegos. Nos meses estivais, é necesario reforzar o chamamento á solidariedade.
 
 
Concello solidario

ADOS tamén agradece á corporación municipal o seu apoio constante ás iniciativas destinadas a promover a doazón de sangue, tanto nesta campaña especial «Somos Olímpicos» como no resto de visitas das unidades móbiles ao longo do ano.

Ángeles Martínez, concelleira de Servizo Sociais xunto a un dos membros de ADOS.

 
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, das redes sociais e do teléfono gratuíto de información 900 100 828, onde se poden resolver dúbidas relacionadas coa doazón de sangue ou coñecer as datas dos desprazamentos das unidades móbiles.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
Conmemoración do Día Mundial sen Tabaco no IES Cidade de Antioquía
Diario do Limia Conmemoración do Día Mundial sen Tabaco no IES Cidade de Antioquía
No marco do Día Mundial sen Tabaco, un cento de estudantes e o corpo docente do IES Cidade de Antioquía, en Xinzo de Limia, celebraron un acto de concienciación para reivindicar a erradicación do tabaco e prevenir a adicción entre a xente nova. O evento contou coa participación de autoridades da Xunta de Galicia, entre elas o delegado en Ourense, Manuel Pardo, xunto aos responsables territoriais de Educación e Sanidade. Tamén estiveron presentes representantes do concello de Xinzo de Limia. Du…
29 de mayo de 2026 1 min lectura
O Goberno galego crea o Consello Técnico Asesor para a detección precoz de cancro
Diario do Limia O Goberno galego crea o Consello Técnico Asesor para a detección precoz de cancro
A Xunta de Galicia aprobou a creación do Consello Técnico Asesor dos Programas de Detección Precoz de Cancro, un novo órgano consultivo destinado a coordinar os cribados oncolóxicos na comunidade e incorporar os últimos avances científicos e tecnolóxicos. Esta iniciativa cumpre co compromiso asumido coa Asociación Española contra o Cancro. Composición e estrutura O consello estará integrado por especialistas en áreas clave como a epidemioloxía, oncoloxía, medicina preventiva e xenética. Ademai…
22 de junio de 2026 2 min lectura
A Asociación Algaria dona 500 euros en alimentos ao Banco de Alimentos de Xinzo de Limia
Diario do Limia A Asociación Algaria dona 500 euros en alimentos ao Banco de Alimentos de Xinzo de Limia
A Asociación Algaria, entidade dedicada á defensa e promoción dos dereitos das persoas con mobilidade reducida, realizou unha importante donación de produtos non perecedeiros (leite e aceite) valorados en 500 euros. Este lote será destinado íntegramente ao Banco de Alimentos de titularidade municipal de Xinzo de Limia. O montante destínase para axudar ás familias vulnerables da zona e provén dunha rifa benéfica organizada pola asociación de cara ao Sorteo de Nadal de 2025. Dado que o premio pri…
2 de junio de 2026 1 min lectura