← Volver Dende A Limia

Luis Menor levará de secretaria xeral do partido a alcaldesa de Bande

Luis Menor levará de secretaria xeral do partido a alcaldesa de Bande

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 O candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, proporá ao plenario do 19º Congreso provincial extraordinario do próximo 13 de xullo o nomeamento de Sandra Quintas, alcaldesa de Bande e directora territorial de Cultura, Lingua e Xuventude, como nova secretaria xeral dos populares ourensáns. 

Sandra Quintas é a “persoa idónea” para o segundo posto en responsabilidade do PPdeOU, dixo hoxe Luis Menor tras facer público este anuncio, lembrando que ocupou a secretaría da xestora provincial desde a súa constitución, en novembro pasado, e dirixiu as campañas electorais das autonómicas e as europeas, nas que conseguimos grandes resultados”.
 
O candidato destacou “a inmensa capacidade de traballo” de Sandra Quintas, engadindo entre as súas principais características “unha visión moi ampla do partido, o coñecemento que ten dos representantes populares que ocupan postos de responsabilidade por toda a provincia, e a súa experiencia na administración galega”.  Ademais, a súa condición de alcaldesa “aporta ese carácter municipalista que é base de todo o partido”. 
Agradecida pola proposta, Sandra Quintas afirmou que seguirá traballando coa mesma intensidade para consolidar o PPdeOU como “o partido de Ourense, un obxectivo para o que imos ter a un gran presidente”. 
MESTRA, DIRECTORA TERRITORIAL E ALCALDESA
Diplomada en Maxisterio e licenciada en Psicopedagoxía, Sandra Quintas (Bande, 1982) é funcionaria de carreira da Xunta de Galicia do corpo de mestres, impartindo docencia desde 2007 e ata 2019 en diferentes centros educativos da provincia. 
Achegouse á administración galega no 2019, cando foi nomeada xefa territorial de Cultura e Turismo, cargo que ocuparía ata o seguinte ano, cando pasou a ser xefa do Servizo de Coordinación Cultural. Na actualidade é directora territorial en Ourense da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. 
Comezou a súa traxectoria política en 2015 como concelleira en Bande, accedendo á alcaldía cinco anos despois, en 2020, sendo unha militante activa tanto no seu municipio como na comarca da baixa Limia e a nivel provincial.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector
Dende A Limia Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector
As profesionais do CDR O Viso, a educadora social Aine Opazo e a traballadora social Paula Blanco, participaron na Xornada Provincial do Terceiro Sector, un evento organizado pola Deputación Provincial de Ourense para fomentar a cooperación entre as entidades sociais da provincia. O obxectivo principal desta xornada foi promover a visibilidade do Terceiro Sector e o intercambio de experiencias, buscando fortalecer o traballo en rede para mellorar a resposta ás necesidades da cidadanía. Un d…
9 de junio de 2026 1 min lectura
Planificación das obras de mellora na N-525 en Xinzo de Limia
Dende A Limia Planificación das obras de mellora na N-525 en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia informou sobre a programación das obras de mellora na travesía da N-525. Para a finalización destas infraestruturas, estableceron os seguintes cortes de tráfico: Calendario de afectacións 30 e 31 de maio: Corte total do tramo da Praza Maior para realizar labores de aglomerado impreso. Do 1 ao 5 de xuño: Corte da plataforma elevada do Pombal para finalizar o aglomerado impreso. Corte do tramo comprendido entre a rotonda do Pombal e a roton…
29 de mayo de 2026 1 min lectura