← Volver Diario do Limia

Aberto o prazo de inscrición para as Olimpiadas Rurais de setembro

Aberto o prazo de inscrición para as Olimpiadas Rurais de setembro

Fotografía de arquivo. A Limia News.

As Olimpiadas Rurais da Limia volven este ano con forza! Esta terceira edición, organizada polo Colectivo Ras e clubes e entidades sociais da comarca, convida a todas as veciñas e veciños de Xinzo e das aldeas da Limia a participar nunha xornada chea de deporte, risas e compañeirismo.

Unha das probas da anterior edición.

A cita será o 7 de setembro na alameda do Toural, á beira do río Limia. O evento durará todo o día, dende a mañá ata o serán, con numerosas probas: lanzamentos, carreiras, relevos… Ademais, haberá música, premios, petiscos e moitas sorpresas.

Forma o teu equipo e únete e inscríbete no número de contacto: 681 13 83 79 (Borja, presidente do Colectivo RAS).

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
A Xunta galega galardoa centros educativos polo seu labor en convivencia e inclusión
Diario do Limia A Xunta galega galardoa centros educativos polo seu labor en convivencia e inclusión
A Xunta de Galicia entregou en Santiago de Compostela os premios de excelencia educativa correspondentes á edición de 2025, recoñecendo o traballo de vinte e un centros educativos e unha aula hospitalaria polo seu compromiso coa convivencia escolar, o benestar emocional e a inclusión. Na provincia de Ourense, destacaron dous centros con galardóns e dotacións económicas específicas: CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia): Obtivo o segundo premio na categoría "Tolerancia Cero" (Educación Infant…
27 de mayo de 2026 1 min lectura
Víctor F. Freixanes recoñecido co Premio de Xornalismo Carlos Casares en Xinzo de Limia
Diario do Limia Víctor F. Freixanes recoñecido co Premio de Xornalismo Carlos Casares en Xinzo de Limia
A vila de Xinzo de Limia foi a sede da entrega do Premio de Xornalismo Carlos Casares, un galardón que nesta edición concederon a Víctor F. Freixanes. O premio recoñece a súa destacada traxectoria como escritor, editor e expresidente da Real Academia Galega, consolidándoo como unha figura de referencia na cultura galega contemporánea. O acto contou coa asistencia de representantes institucionais, persoas do sector cultural e a veciñanza local. A cerimonia non só serviu para distinguir o labor d…
30 de mayo de 2026 1 min lectura
O IES Lagoa de Antela destaca na II Olimpíada da Enerxía celebrada en Vigo
Diario do Limia O IES Lagoa de Antela destaca na II Olimpíada da Enerxía celebrada en Vigo
O campus de Vigo foi a sede da II Olimpíada da Enerxía, un certame de carácter académico e científico organizado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. O evento reuniu a 70 estudantes de educación secundaria procedentes de toda Galicia co obxectivo de fomentar as disciplinas STEM e acercar o sector dos recursos enerxéticos aos mozos preuniversitarios. O IES Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia, foi o gran protagonista desta edición ao conseguir os principais recoñecementos do certame: Prem…
26 de mayo de 2026 2 min lectura