← Volver Dende A Limia

Acto de entrega do premio do certame literario Antón Tovar

Acto de entrega do premio do certame literario Antón Tovar

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Onte á tarde, 15 de xuño, coa presenza de máis de medio centenar de persoas, o patio do Museo da Limia acollía o acto de entrega do premio do certame literario Antón Tovar, patrocinado polo Balneario de Cortegada e o Hotel Bienestar Termas de Monção (Tesal Explotación SL), consiste nun bono dunha fin de semana para unha parella, en pensión completa, no Hotel Bienestar Termas de Monção (Portugal) e na publicación do texto na revista Tempos Novos.
O presidente do Padroado e coordinador da Antoloxía poética de Tovar (Xerais, 2023), Delfín Caseiro, falou o significado da obra do poeta da Pereira.

De seguido o público asistente aplaudiu a proposta da Xunta Directiva da asociación, reitendo a reivindicación de que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras de 2025 ao poeta limiao.
O acto continuou coa lectura do poema “Eu” (incluído no libro O vento no teu colo), a cargo de Clara, Emma, Nía, Tiago, Eric e Daniel, alumnos/as do CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga).

Despois da lectura da correspondente acta, efectuada polo secretario do xurado, Xoán Jardón, a súa presidenta, Conchita Rúa, acompañada de Tomás Ares, director do Centro Tesal, fixéronlle entrega do premio a Valeria Gutiérrez Caneda, autora da obra “Tanto camiñei, camiñei tanto”.

O evento estivo contou co acompañamento musical do cantautor valdeorrés Anxo Rei, que creou a música para dez poemas de Tovar, reunidos no disco A rabela da pluma.
A creación poética e narrativa de Antón Tovar, feita de autenticidade e alta calidade literaria, mantén plena vixencia nos nosos días. A convocatoria deste certame literario Antón Tovar por parte do Museo da Limia quere ser unha nova chamada á sociedade galega para que valore o extraordinario legado creativo do autor ourensán.
O Museo da Limia vén promovendo desde o ano 2021, centenario do nacemento de Antón Tovar, unha serie de iniciativas encamiñadas a difundir a obra tovariana e a demandar a dedicación do Día das Letras Galegas ao poeta da Pereira. No ano 2022 foi entregado na sede da Real Academia Galega un completo expediente que recollía varios centos de sinaturas de adhesión da cidadanía e numerosos documentos que se manifestaban neste sentido.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Finalización da xira musical nas parroquias da Limia
Dende A Limia Finalización da xira musical nas parroquias da Limia
A xira musical que busca acercar a cultura aos centros sociais das zonas rurais rematou este domingo en Pena, despois de percorrer diversas localidades como Piñeira Seca, San Pedro, Morgade, Laroá, Ganade, Gudín, Baronzás e a Casa dos Mestres de Trasmiras. A iniciativa contou co apoio de Jose Luis Tielas, director da Agrupación Musical da Limia, e do concelleiro de Cultura, Carlos Gómez. O obxectivo principal do proxecto é reafirmar a importancia da cultura no ámbito rural e fomentar a part…
8 de junio de 2026 1 min lectura
Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
Dende A Limia Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
O programa de Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural conclúíos as súas sesións formativas, unha iniciativa promovida polo CDR O Viso en colaboración co Concello de Trasmiras. O obxectivo principal foi dotar as persoas coidadoras de ferramentas prácticas e crear espazos de encontro para fortalecer as redes de apoio entre elas. Durante as xornadas, abordáronse temas fundamentais para o coidado diario, entre os que destacan: Coñecemento de demencias e enfermidades dexenerativas…
2 de junio de 2026 2 min lectura
A Xunta inicia as obras de mellora na estrada OU-540 entre Celanova e Bande
Dende A Limia A Xunta inicia as obras de mellora na estrada OU-540 entre Celanova e Bande
A Xunta de Galicia iniciou as obras de mellora na estrada OU-540, nun tramo de 14,1 quilómetros que conecta Celanova con Bande. Esta actuación contará cun investimento de 6 millóns de euros e terá un prazo de execución previsto de 18 meses. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou o inicio das traballos, destacando que esta intervención é estratéxica para a comarca da Baixa Limia. O obxectivo principal é aumentar a capacidade, a seguridade …
2 de junio de 2026 1 min lectura