← Volver Dende A Limia

O Son que me arrola na xuntanza de familias

O Son que me arrola na xuntanza de familias

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Trátase dunha proposta  que pretende fomentar un lecer saudable e en familia, ó tempo que se pon en valor o saber e o facer das nosas aldeas.
Convocamos ás familias para as dez e media da mañá na zona do albergue e Campo da Lama de Lodoselo, coa idea de comezar cos obradoiros ás once: amasado no forno comunitario, paseo na burra Terra, experimentación no xardín dos sentidos, coidado dos animais…
Ás doce e media teremos a sorte de gozar co concerto “O Son que me Arrola“, unha colaboración  da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Lugo, compañeiras durante moitos anos en Preescolar na Casa. 
Tal como nos trasladan, “O son que me arrola” é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis cativos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, das lerias, os enredos, e a instrumentación. 
“O son que me arrola” ofrece a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión: pandeiros, pandeiretas, bombos, tarrañolas … e outros construídos a partir de materiais de refugallo.”
Animámosvos a participar neste encontro familiar que xa é tradición na nosa comarca.
Esta acción enmárcase no Programa “Familia e Comunidade” e está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Xosé Merelles destaca a importancia da marca Galicia e a inversión en promoción turística
Dende A Limia Xosé Merelles destaca a importancia da marca Galicia e a inversión en promoción turística
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na inauguración do II Taller de Cooperación Turística Internacional de Asicotur. Este encontro reúne a profesionais do sector para debater sobre a cooperación internacional e o uso da imaxe e a promoción como ferramentas para deseñar destinos turísticos competitivos. Durante a súa intervención, Merelles resaltou o impacto da marca Galicia Calidade nas contornas internacionais, definiéndoa como un paraugas de identidade que engloba a ex…
27 de mayo de 2026 2 min lectura
Supervisión de obras de saneamento e dixitalización no concello da Bola
Dende A Limia Supervisión de obras de saneamento e dixitalización no concello da Bola
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, xunto á alcaldesa de La Bola, María Teresa Barge, supervisou as obras de rehabilitación de colectores e dixitalización de infraestruturas de saneamento no municipio. Estas actuacións contan cun investimento de preto de 45.000 euros por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Detalles das actuacións técnicas O proxecto busca reducir as infiltracións na rede de saneamento mediante as seguintes medidas: Rehabilitación d…
5 de junio de 2026 2 min lectura
Detido un home por unha estafa romántica de 22.000 euros en Ourense
Dende A Limia Detido un home por unha estafa romántica de 22.000 euros en Ourense
A Garda Civil de Ourense, no marco da operación LOVING BEAR, detivo a un veciño de Valladolid de 29 anos e nacionalidade colombiana como presunto autor dun delito de estafa na modalidade coñecida como love scamming (estafa do amor). A vítima, un home de 53 anos residente en Celanova, denunciou o feito tras ter transferido un total de 22.000 euros ao estafador. A relación iniciouse en febreiro de 2023 a través dunha aplicación móbil, onde o detido se presentou como un home de orixe venezolano. T…
19 de mayo de 2026 2 min lectura