← Volver Dende A Limia

Detido un home por unha estafa romántica de 22.000 euros en Ourense

Detido un home por unha estafa romántica de 22.000 euros en Ourense

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Garda Civil de Ourense, no marco da operación LOVING BEAR, detivo a un veciño de Valladolid de 29 anos e nacionalidade colombiana como presunto autor dun delito de estafa na modalidade coñecida como love scamming (estafa do amor).

A vítima, un home de 53 anos residente en Celanova, denunciou o feito tras ter transferido un total de 22.000 euros ao estafador. A relación iniciouse en febreiro de 2023 a través dunha aplicación móbil, onde o detido se presentou como un home de orixe venezolano. Tras establecer un vínculo emocional intenso e gañar a confianza da vítima mediante linguaxe afectiva, o sospeitoso comezou a solicitar cantidades de diñeiro reiteradamente.

O principal pretexto utilizado para obter os fondos era a necesidade de tramitar a documentación para trasladarse a vivir a España, prometendo sempre reintegrar o importe. Para evitar suspicions e evitar o uso de contas propias (alegando que non tiña papeis), o estafador solicitou que o diñeiro se enviase a través de Western Union e outras entidades bancarias a contas a nome de terceiras persoas.

A investigación subliña a importancia da enxeñería social como ferramenta de estes ciberdelincuentes, quen utilizan a manipulación psicolóxica para anular as barreiras de seguridade das vítimas. Este tipo de fraudes non só xeran unha ruína financeira, senón que provocan un fuerte impacto emocional e unha revitimización social que, a miúdo, dificulta que as persoas afectados pidan axuda.

Consellos para evitar este tipo de fraudes:

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Rodrigo Pires coróase campión galego de Kick Boxing Neoprofesional en San Cristovo de Cea
Dende A Limia Rodrigo Pires coróase campión galego de Kick Boxing Neoprofesional en San Cristovo de Cea
O pasado sábado 9 de maio, o Pavillón de Deportes de Cea acolleu a I Velada, un evento deportivo que contou con 10 combates de alto nivel nas modalidades de rin, Kick Boxing e Muay Thai. O momento culminante da xornada foi o combate polo cinto galego Neo Pro de Lowkick na categoría de -60 kg. No duelo enfrontáronse Ángel Román “El Vikingo”, do club El Barrio Kickboxing de Vigo, e o limiao Rodrigo Pires, das Escolas Deportivas de Viana do Bolo. A pesar de que Román se levara a vitoria nun encon…
13 de mayo de 2026 1 min lectura
O A.B.Xinzo quedou a tan só unha vitoria de poder loitar polo soño da Final Four
Dende A Limia O A.B.Xinzo quedou a tan só unha vitoria de poder loitar polo soño da Final Four
VeteransOs veterans masculinos, xogaron onte a tarde en Baños de Molgas, perderon por tan só 7 puntos. SeniorOs Senior enfrontáronse ao Estudiantes, nun partido no que se xogaban moito pero que non dependía deles. Necesitaban unha última vitoria e que os demais equipos non tiveran resultados favorables, pero non puido ser.Os nervios e o arbitraxe xogaronlle unha mala pasada o A.B.Xinzo, facendo que no último cuarto non puideran remontar o marcador, perdendo por tan só 13 puntos. Pero aínda así c…
17 de mayo de 2026 2 min lectura