← Volver La Región

Noemí Vázquez, xerente da Arca da Noe: «Levamos dez anos de vida, e tivemos máis de cen concertos por ano»

Noemí Vázquez, xerente da Arca da Noe: «Levamos dez anos de vida, e tivemos máis de cen concertos por ano»

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Noemí Vázquez abriu a peculiar taberna de Vilar de Santos chamada A Arca da Noe en 2014. 
Nestos dez anos, A Arca da Noe e Noemí Vázquez foron recibindo numerosos recoñecementos pola súa gran labor a hora de organizar concertos, como tres Premios Martín Códax da Música, na categoría de mellor sala de concertos, recibido o pasado mes de maio en Pontevedra. Foi nomeada cinco veces como a mellor de Galicia.
Canto tempo levades con iste negocio?

Dende agosto de 2014. Iste ano facemos dez anos. Estamos recordando que facemos dez anos pondo carteis en todos os pobos que temos un cartel mensual con toda a programación. Tamén temos actividades concretas como o Mercado de Artesanía e de produto local de Vilar de Santos. Tivemos varios concertos de Coro Encaixe e Mondra. Despois sempre facemos a festa grande que é o 27 de xuño, no espazo Carabuñas.
 Como xurdiu esta idea, por que comezáchedes este negocio?

Xurdiu pola integración que eu tiña en asociacións culturais, en Ourense e en Santiago. Un pouco quería buscar na miña comarca, e por iso fun a Vilar de Santos. Eu son de Piñeira de Arcos, do concello de Sandiás, que está ao lado de Vilar de Santos. Antes tiven outra en Santa Ana, A Corte dos Bois. É unha diferente maneira de ver o mundo, entón púxenme a buscar e pasar o proxecto a outro lugar. Falei cun amigo de Vilar de Santos, e il foi quen me puxo en contacto co concello e despois o concello co dono do local.
Esperaba este crecemento en dez anos?
Se fai dez anos dinme que van vir os músicos que teñen pasado pola Arca, morrería de ilusión. Para min segue sendo incrible. É un traballón, unha sala de concertos no medio dunha aldea, que en moitos sitios non hai e a xente ten que vir ata aquí aos concertos. Chegar a ter tantos músicos e xente, aínda que depende do concerto. Hai algúns concertos nos que hai máis xente e outros menos. Para min xa é un logro, claro.
Que tipo de artistas coñecidos teñen pasado pola Arca?
Xabier Díaz, Rodrigo Cuevas, Luis Pastor. Nos dez anos que levamos, tivemos máis de cen concertos por ano, imaxínate.
Con que se queda nestos dez anos?
Quédome co grupo de xente que se montou ao redor e que sin eles non sería posible facer isto. Aparte dos concertos, e de sentir que a xente, os músicos e músicas están coma na casa. Que a xente do público desfruta deles.
Que proxectos ten pensado para o futuro?
Temos un libro cos músicos que pasaron pola Arca. Estamos presentando o libro, chamado “Oceanoe. Travessia polo mar das Antelas”. Por agora estamos aí, con calma. O 27 de xullo cumprimos dez anos da A Arca da Noe. Para anuncialo abrimos o videoclip do “Oceanoe. Travessia polo Mar das Antelas” que se gravou en 2021.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
A Limia La Region prensa
Tamén che pode interesar
Aprendizaxe experimental: Os centros de Os Blancos e Monterrei celebran a súa Feira de Ciencia
La Región Aprendizaxe experimental: Os centros de Os Blancos e Monterrei celebran a súa Feira de Ciencia
O alumnado do colexio de Os Blancos e do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Monterrei protagonizou unha Feira de Ciencia no centro de Limia, cunha proposta baseada na experimentación directa e a participación activa dos estudantes. Durante a xornada, os alumnos explicaron conceptos científicos fundamentais como o principio de Arquímides, a electricidade estática, as leis de Newton e o nivel de pH mediante diversos postos de experimentación. Un dos momentos máis destacados foi unha representación t…
4 de junio de 2026 2 min lectura
Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
La Región Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
A asociación Civitas Limicorum celebrou a terceira edición do evento "Vestales" en Xinzo de Limia, unha iniciativa que busca recuperar a conexión histórica da zona de A Limia co Imperio Romano. Este certame complementa a Festa do Esquecemento, que aspira a converterse nunha cita de Interés Turístico. O evento contou coa participación de diversos grupos de recreación histórica de toda España, desenvolvendo unha programación centrada na figura das sacerdotisas de Vesta e o simbolismo do lume sagr…
31 de mayo de 2026 2 min lectura
Accidente nun camión de transporte de porcos na N-525 (Sandiás)
La Región Accidente nun camión de transporte de porcos na N-525 (Sandiás)
Este mércores, aproximadamente ás 07:30 horas, produciuse un accidente de tráfico na estrada N-525, en Sandiás, que implicou un camión de transporte de gando porcino que levaba ao seu bordo uns 180 porcos. O condutor do vehículo foi evacuado tras o siniestro e, segundo as primeiras informaciones, non presenta lesións de gravedade, podendo saír do camión con a axuda de veciños presentes na zona. En canto ao gando, a maioría dos animais conseguiu saír do camión por medios propios. Actualmente, o…
3 de junio de 2026 1 min lectura