Un ano máis o pobo de Baronzás, como moitos do concello celebra o S. Andrés. O sábado 15 celebrarase no campo de fútbol o «Desafío entre aldeas» a partir das 17 h. Ao remate ademais da entrega de premios haberá unha pancetada popular coa animación da charanga Galiqueños.
O domingo 16 comezará coa alborada, a procesión e misa e rematará coa actuación de Airiños D´Antela na Casiña do Pobo.