← Volver Dende A Limia

Comezaron as obras do novo «LeiraParking»

Comezaron as obras do novo «LeiraParking»

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia está a punto de recibir unha nova achega á súa infraestrutura urbana que fará a vida máis fácil para os residentes e visitantes da vila. O Concello anunciou o proxecto de habilitación dunha nova zona de aparcadoiros gratuítos ao aire libre, unha iniciativa pensada para impulsar o comercio local e favorecer a mobilidade en todo o núcleo urbano.

Esta nova zona estará situada na Avenida de Madrid, con saída á rúa San Sebastián e a escasos metros do CEIP Rosalía de Castro. Contará con 51 aparcadoiros asfaltados, iluminados e delimitados, asegurando así unha experiencia de aparcamento cómoda e segura para quen o empregue. Outro detalle que non pasará desapercibido será a integración arquitectónica dos contedores, que se adaptarán ao entorno para manter a estética da zona. Isto reafirma o compromiso do Concello de Xinzo de Limia con un desenvolvemento urbano sostible, harmonioso e focalizado nos viandantes.
O investimento total nesta iniciativa ascende a 40.000 euros financiados íntegramente polo Concello de Xin zo de Limia. A negociación para o desenvolvemento deste proxecto comezou a principios do ano, encabezada por Moncho Gómez, concelleiro responsable de urbanismo e mobilidade, e culminou nun acordo de arrendamento de cinco anos.
A obra xa foi adxudicada e informada, polo que os traballos de acondicionamento están a piques de comezar. Este aparcadoiro, que se suma ó da Avenida de Celanova e o da Rúa Curros Enríquez, enmárcase dentro dun plan de mobilidade que próximamente se estenderá tamén ó Barrio do Polígono. Tamén informamos de que pronto se volverá poñer a punto o aparcadoiro sito na Curros Enríquez, que non goza dun firme en asfalto por mor da tipoloxía do contrato de cesión cos seus propietarios.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Dende A Limia Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Protagonistas: Paz Rodríguez (Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), Marcos Nogueiras (Alcalde de Vilar de Santos) e Begoña Francisco (Tenente alcade). Contexto e lugar: A xuntanza desenvoluse en Vilar de Santos e serve como continuación dunha interlocución previa mantida coa conselleira do Medio Rural para tratar asuntos de interese para o concello. Puntos clave tratados: Proxecto de regadío: Analisouse a viabilidade de impulsar un sistema de regadío para a zona, unha m…
1 de junio de 2026 1 min lectura
Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Dende A Limia Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Veteráns Tanto o equipo veterano feminino como o masculino están clasificados para as finais da Copa Deputación, que se disputarán o sábado 13 de xuño ás 16:00 h nas instalacións do Paco Paz. Destaca que os veteranos masculinos lograron a súa primeira vitoria da tempada ao vencer a Maristas Coruña. Cadetes As tres categorías cadete quedaron eliminadas da Copa: Cadetes femininas (2010 e 2011): Eliminadas tras perder contra Blanco Amor e Val de Lemos, respectivamente. Cadetes masculinos: Qued…
31 de mayo de 2026 1 min lectura
Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Dende A Limia Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Este venres, os estudantes do Grao Profesional celebraron un recital para amosar os coñecementos adquiridos durante a súa formación. A xornada culminou coa graduación dos alumnos de último curso, que contou cun homenaxe especial a Suso Dopozo, organizado con xunto pola comunidade de estudantes e polo Concello de Xinzo.
13 de junio de 2026 1 min lectura