← Volver La Voz de Galicia

Todo o que poderás facer este sábado na Costa da Morte

Todo o que poderás facer este sábado na Costa da Morte

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xuntanza de palilleiras, na súa edición do 2025 BASILIO BELLO

É 7 de novembro, e a actividade non é infinita, pero case. Teatro, música, magostos, artesanía, ciencia e máis 
07 nov 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Que facer un sábado 7 de novembro? Na Costa da Morte hai un mundo de opcións, e ademais para gustos diversos. Así se presenta a xornada na comarca en canto a actividade cultural e de ocio: 

Vimianzo, pleno de palilleirasHoxe • Máis de 700 palilleiras de distintos puntos de Galicia daranse cita hoxe no pavillón polideportivo de Vimianzo, onde entre as 10.30 e as 19.30 horas, con parada para o xantar, participarán dun encontro de confraternidade organizado pola asociación As Nemanquiñas. É a 19.ª edición da xuntanza, á que acudirá, entre outras moitas autoridades, a nova subdelegada do Goberno, Encarna Rodríguez. Tamén unha ampla representación do PSOE, comezando pola candidata cabeza de lista ao Congreso, Obdulia Taboadela. Será xornada especial, ademais, pola representación, ás seis da tarde, do espectáculo Fíos da memoria, da compañía aAntena, peza homenaxe ás palilleiras.

ANA GARCÍA

Máis de media ducia de magostos: sabor a outono Hoxe • Castañas e cogomelos están de plena tempada, tamén na Costa da Morte. En canto a magostos, citas previstas para hoxe mesmo:

Laxe. XV edición do magosto e Mostra de Artesanía organizadas polo Concello. De 17.00 a 20.00 horas, no polideportivo, con música de Os Farrapos, inchables, obradoiros, photocall e máis.

Lema (Carballo). Organiza a AC Ría de Lema. Xogos e enredos de 17.00 a 19.00. Contada de Avelino González ás 18.00 e, dende as 19.00, castañas e outras viandas.

Sísamo (Carballo). No local social, Festa da Castaña coa entidade veciñal. Sesión vermú co dúo Galán ás 13.00, xantar de confraternidade despois —castañas de sobremesa— e mais tarde animación infantil con Bonecos.

Zas. O magosto organizado polo Concello será o vindeiro sábado, día 14, mais hoxe haberao tamén no centro sociocultural, dende as 17.00 horas, coa cantina dirixida polos alumnos de cuarto da ESO do CPI de Zas, que recadan así fondos para a súa viaxe. Por cada consumición, un cucurucho de castañas. Dende as 19.00, DJ Rokiño.

Buño. No Ecomuseo Forno do Forte, organizado pola asociación O Quinteiro, magosto ás 19.30 horas. Antes, xogos de outono (17.00) e tardiña de contos con Celso Fernández Sanmartín (18.15).

Queixas (Cerceda). Aquí as castañas van parellas a unha foliada, con actuacións dende ás 18.00 e foliada aberta das 21.00 en adiante. Colaboran veciños e Concello.

Estramil (A Laracha). Oitavo magosto da asociación Fonte da Virxe. Dende as 14.00, con música en directo e xantar de veciñanza.

De concertos, corais e cantos de tabernaHoxe • Trae este sábado 7 de novembro á comarca varias citas ligadas á música. Unha delas está inxerida precisamente no programa Novembro con música de Carballo, que reserva para hoxe ás 20.00 horas, no auditorio do Pazo, o 41.º aniversario do coro Aires de Bergantiños, dirixido por Xairo Campos. Coa formación estarán a Rondalla de Cedeira e o Coro Aimil de Xinzo.

En Fisterra, por outra banda, dentro do Outono Cultural de Rapacollóns, 14 agrupacións de distintas procedencias percorrerán locais da vila ofrecendo cantos de taberna. De 19.00 a 22.00 horas andarán polos establecementos, antes dunha foliada conxunta no pub Manhattan (22.30).

Finalmente, no Casino de Carballo, presentarase en sociedade Loulow en formato «all day long»: é un novo disyóquei da localidade. A entrada, de balde: entre as 17.00 e a 01.00 horas.

Ramón Leiro

Tres citas coa dramaturxia para abrigar este sábadoHoxe • Son varias as paradas teatrais deste sábado na comarca, entre elas o arranque do 33.º Ciclo de Teatro de Ponteceso, que comezará coa función Bernarda, de Malasombra, ás 22.00 horas. Xestión de entradas, cada semana, en Tesourería e Cultura, e no 630 907 124.

En Corcubión, no auditorio Baldomero Cores, o Circuíto Galego de Teatro Amador fará parada na Casa da Cultura cunha nova peza, coma todas as restantes ás 20.00 horas. A compañía convidada é Teatro Pesadelo, co espectáculo Xa é hora. Tamén á vila veciña, Cee, chegará este sábado o Ciclo de Teatro Amador, neste caso coa agrupación Cardume e a obra O galego, a mulata e o negro: ás 20.00 horas, no auditorio Baldomero Cores, emprazado na Casa da Cultura. Cómpre lembrar, por outra banda, que en Muxía quedou aprazada a función Brazaletes, de Amorodio Teatro, prevista para hoxe ás 20.00. Así o deu a coñecer o Concello nas súas redes sociais.

A ilustradora Xulia Pisón abre un mes de ciencia en galego no CoutoHoxe • A Fundación Eduardo Pondal, con sede en O Couto (Ponteceso), promoverá todo este mes de novembro un intenso programa dedicado á divulgación científica en galego. Serán 12 propostas destinadas a público infantil, mocidade e adultos. Encontros, obradoiros, actividades escolares, exposición ou unha proposta audiovisual integran este Novembro, mes da ciencia en galego, con iniciativas tanto na propia fundación como en centros educativos e outros espazos, inxeridas en moi diversas disciplinas. A cita inicial será precisamente hoxe, ás 11.00 horas, na lareira da entidade, coa mostra Stons, de Xulia Pisón. A continuación, coordinará un taller de estampación. Xulia é autora de banda deseñada, ilustradora e divulgadora científica.

Arte en Carballo: galería Eirín Unha exposición distinta, mais tamén exposición, será a que se inaugure hoxe, ás 12.00 horas, na galería Manolo Eirín de Carballo. Neste caso é unha mostra colectiva, Seis menos un, un proxecto que presenta a obra e visión de catro artistas: os escultores Álvaro de la Vega e Enrique Saavedra, a fotógrafa María Meseguer e o creador carballés Luís García. Mariajo sumará o acompañamento musical. Será unha inauguración alongado no tempo, ata as 15.00 horas. Sensibilidades e perspectivas distintas, baixo un mesmo teito.

ANA GARCIA

Entre cogomelos, literatura ou baileHai hoxe un bo número de celebracións festivas en parroquias da comarca, e ademais outras destacadas citas alternativas:

Micoloxía en Cee. As Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, da asociación Pan de Raposo, son toda unha referencia: 25 anos. Hoxe haberá exposición de cogomelos e traballos de alumnado, na Casa da Cultura, de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30. Ás 12.00, visita guiada e, ás 17.00, por outra banda, charla de José Antonio Castro Marcote: Achegamento aos cogomelos con láminas.

Baile. É día de baile no salón de actos de Cee: ameniza Ana Angueira (19.00 horas). Tamén no centro social de O Moucho, á mesma hora, co dúo Reflejos. No local social de Oca (Coristanco) canta Martín Reimúndez ás 17.30.

Literatura. Xosé Antonio Andrade presenta a súa obra Querida Paula: libraría Risón de Laxe (19.00).

Archivado en:
Costa da Morte
Artesanía
Carballo municipio
Teatro
Laxe

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
A Laracha Arte Artesanía Buño Carballo Carballo municipio Cedeira Cee Cerceda Ciencia Corcubión Coristanco Costa da Morte Fisterra Fundación Eduardo Pondal La Voz de Galicia Laxe Malpica Muxía Ponteceso prensa PSOE Teatro Vimianzo Xinzo de Limia Zas
Tamén che pode interesar
Carballo abriga na música o seu mes de novembro 
La Voz de Galicia Carballo abriga na música o seu mes de novembro 
Ailá abrirá os concertos deste ciclo, nunha actuación que conmemora o 50.º aniversario da asociación cultural Lumieira MARCOS CREO O Concello presenta unha nova edición deste tradicional ciclo no que haberá tradición, clásica ou polifonía, con peso das entidades locais 31 oct 2026 . Actualizado a las 15:29 h. Música, tradición, teatro, cinema documental e artes plásticas. Todo iso terá cabida no programa Novembro con música que vén de presentar o Conc…
31 de octubre de 2026 4 min lectura
A veciñanza de Laroá celebra os 103 anos de Rosa García
La Voz de Galicia A veciñanza de Laroá celebra os 103 anos de Rosa García
Máis de 40 veciños reuníronse onte en Laroá, Xinzo de Limia, para celebrar o 103 aniversario de Rosa García Suárez, coñecida na aldea como tía Rosa. A festa, organizada pola súa sobriña nieta Betty Rodríguez, recuperou a tradición de reunir a toda a comunidade no forno comunal, onde compartiron unha xornada con música de gaiteiros, empanada e doces. Algúns detalles sobre a protagonista e a súa vida: Estado de saúde: Rosa atópase moi ben tras superar dúas operacións de cadeira no último ano. …
18 de octubre de 2026 1 min lectura
O acordeonista internacional Serhii Sapun actúa e dará clases en Xinzo de Limia
La Voz de Galicia O acordeonista internacional Serhii Sapun actúa e dará clases en Xinzo de Limia
O Conservatorio de Xinzo de Limia recibe este xoves 22 de outubro ao recoñecido acordeonista Serhii Sapun, gañador do 75º Trofeo Mundial de Acordeón. O músico ofrecerá un concerto gratuíto e aberto ao público no Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo: Data: Xoves, 22 de outubro. Hora: 20:00 horas. Ademais do recital, Sapun impartirá clases maxistrais para estudantes e músicos interesados os días 22 e 23 de outubro. As persoas que queiran asistir a estas sesións formativas deben inscribirse pr…
19 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser