← Volver La Voz de Galicia

Carballo abriga na música o seu mes de novembro 

Carballo abriga na música o seu mes de novembro 

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Ailá abrirá os concertos deste ciclo, nunha actuación que conmemora o 50.º aniversario da asociación cultural Lumieira MARCOS CREO

O Concello presenta unha nova edición deste tradicional ciclo no que haberá tradición, clásica ou polifonía, con peso das entidades locais
31 oct 2026 . Actualizado a las 15:29 h.

Música, tradición, teatro, cinema documental e artes plásticas. Todo iso terá cabida no programa Novembro con música que vén de presentar o Concello de Carballo para este mes a piques de comezar e no que, como vén sendo habitual, terán protagonismo as entidades locais. Música coral, tradición e música clásica serán algunhas das disciplinas dun ciclo que tamén dará continuidade ao Día das Letras Galegas 2025 e a aquelas xornadas Vivan as do meu lugar. Todas as actividades serán de balde e, salvo especificarse o contrario, levaranse a cabo no Pazo da Cultura. 

Venres 6 de novembro | 21.00 horas | Concerto de Ailá. A asociación Lumieira é unha das primeiras entidades en ter peso neste novo programa do Novembro con Música. A entidade cultural segue a festexar o seu 50.º aniversario, e desta volta faro cun concerto de Ailá, unha cita na que tamén haberá especial lembranza para Xosé Manuel Eirís, no 30.º aniversario da súa morte. Ailá é tradicional galega e sonoridade actual. Organiza este encontro a propia Lumieira, co patrocinio da Fundación Luís Calvo Sanz e a colaboración do Concello. 

Sábado 7 de novembro | 20.00 horas | 41.º aniversario do coro Aires de Bergantiños. A formación polifónica carballesa ten novo director, Xairo Campos, e desta volta festexará anos acompañada da Rondalla de Cedeira e do Coro Aimil de Xinzo de Limia. Colaboran Deputación e Concello.

Venres 13 de novembro | 21.00 horas | Cantares Atlánticos. Recital de cámara e vídeo arte, da man da soprano Soledad Vidal e o pianista Aurelio Viribay. Promove a concellería de Igualdade, ao fío do 25N, Día contra a Violencia de Xénero. Homenaxe, á loita, resiliencia e dignidade das mulleres galegas fronte ás distintas formas de violencia e opresión. O repertorio parte de poesía galega, dende cantigas medievais a composicións contemporáneas. 

Sábado 14 de novembro | Varias horas | II Xornadas «Vivan as do meu lugar». A idea é promover e difundir o patrimonio tradicional, musical e oral de Carballo e Bergantiños, fomentando o intercambio entre as asociacións do municipio. O título da xornada, Vestir a memoria, alude a un encontro arredor do vestiaririo tradicional galego, historia, usos e importancia como patrimonio: de 11.00 a 13.00 e de 16.30 a 20.00. En paralelo, Montse Rivera ofrecerá Cóntoche un traxe, espectáculo para público familiar (13.00 horas) e para as 20.00 programouse un desfile de vestiario tradicional antigo. 

Sábado 28 de novembro | 20.00 horas | 53.º Concerto de Santa Cecilia. Promove a Coral de Bergantiños, co apoio de Concello e centro social San Xoán Bautista. Ademais da formación anfitriona, actuará a coral Alecrín de Brión (Ferrol) e a Casa do Mar de A Coruña. 

MÁIS ALÁ DA MÚSICANo programa Novembro con música teñen cabida ademais outras artes: 7 de novembro | 17.00 horas | Magosto en Lema e narración oral con Avelino González: Contos que foron chistes. No local social de Lema, baixo a organización da asociación Ría de Lema. Xoves 12 de novembro | 20.00 horas | Documental sobre Mary Quintero, pioneira da fotografía: Máis de 90 anos de creatividade. Martes 17 de novembro | 10.30 horas | Redrum Teatro. Función escolar coa peza Sophie non é o meu nome de guerra.Do 18 de novembro ao 8 de decembro. Concellería de Cultura e Deputación promoven a exposición do XIX Certame de Arte Isaac Díaz Pardo. Xoves 19 de novembro | 20.00 horas | Documental sobre a insubmisión galega: Crónicas dun non! Xoves 26 de novembro | 20.00 horas | Documental L’Archéologue, sobre a transformación en escultura dos restos do Mar Exeo. 

Archivado en:
Carballo municipio
Música
Teatro
Día das Letras Galegas
Arte

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Arte Carballo municipio Cedeira Día das Letras Galegas Escultura Ferrol ciudad Isaac Díaz Pardo La Voz de Galicia Música Poesía prensa Teatro Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
Produción de 12.000 quilos de arándanos en Taboadela
La Voz de Galicia Produción de 12.000 quilos de arándanos en Taboadela
Unha plantación de Arándanos Soutomaior, situada no concello de Taboadela (Ourense), xa produce uns 12.000 quilos de froita ao ano. O negocio foi posto en marcha hai sete anos por Ángel Martínez Borrajo e un socio. Aínda que o primeiro intento de cultivo non funcionou, o proxecto logrou estabilizar a produción desta baya.
4 de octubre de 2026 1 min lectura
A planta de residuos de Xinzo volverá funcionar tras 17 anos de abandono
La Voz de Galicia A planta de residuos de Xinzo volverá funcionar tras 17 anos de abandono
A Deputación de Ourense acaba de aprobar a xestión da planta de residuos de construción de Morgade, en Xinzo de Limia, que leva anos sen actividade. A instalación encargarase de reciclar cascallos e restos de obras da comarca da Limia e o sur da provincia. O plan para poñer en marcha estas instalacións inclúe os seguintes puntos: Duración do contrato: A empresa gañadora xestionará a planta durante os próximos 17 anos. Posta a punto: O primeiro ano dedicarase integramente a reparar e acondicio…
27 de octubre de 2026 1 min lectura
Antela e Barco empatan nun disputado derbi en Xinzo
La Voz de Galicia Antela e Barco empatan nun disputado derbi en Xinzo
O Antela e o CD Barco asinaron un empate (1-1) este sábado no campo da Moreira, nun encontro moi igualado correspondente á sexta xornada de Terceira Federación. O xove Bernardo adiantou ao equipo local no minuto 12. Xa na segunda metade, no minuto 47, un tanto en propia meta de Tiago Teixeira puxo o empate definitivo no marcador para os valdeorreses. Tras este resultado, ambos os equipos manteñen a súa boa dinámica na clasificación: Clasificación: Os dous equipos suman 11 puntos. Contexto: S…
12 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser