O Concello de Xinzo de Limia abriu un novo prazo para adxudicar os cinco postos que quedan libres na renovada Praza de Abastos, que ten previsto abrir as súas portas este mes de decembro.
Dos doce espazos totais, xa están adxudicados sete. Agora, o goberno local busca completar a oferta comercial con estas vacantes:
- Pescadería
- Charcutería
- Carnicería
- Bar de tapas
- Comida para levar
O Concello ofrece asesoramento e facilidades a todas aquelas persoas interesadas en abrir un destes negocios. As instalacións contan con boa comunicación e un aparcadoiro público de 100 prazas nos arredores para facilitar o acceso de clientes e comerciantes.