O Concello de Xinzo de Limia organiza este venres 30 de outubro unha xornada de actividades gratuítas para celebrar o Samaín na Praza Maior, que comezarán ás 17.00 horas.
A programación inclúe propostas para todas as idades:
- 17.00 horas: Obradoiros infantís.
- 18.00 horas: Percorrido terrorífico (en colaboración con ProLimia).
- 19.00 horas: Chocolatada (exclusiva para persoas disfrazadas).
- 20.00 horas: Procesión de Ánimas e taller de amuletos (a cargo de Civitas Limicorum).
- 21.00 horas: Concerto do grupo En Mala Hora.
A festa rematará cunha sesión de DJ pensada para o público máis novo.