A Escola de Música da Limia xa admite inscricións para o novo curso, cunha oferta que inclúe desde clases de instrumentos e canto ata informática musical para todas as idades.
As clases semanais compoñen un paquete que inclúe instrumento, linguaxe musical e participación nunha agrupación (banda ou coro). Os prezos mensuais varían segundo a duración da clase e se o alumno participa ou non nas agrupacións:
- 30 minutos con agrupación: 30 euros.
- 30 minutos sen agrupación: 50 euros.
- 45 minutos con agrupación: 55 euros.
- 45 minutos sen agrupación: 75 euros.
O centro ofrece ademais servizos como o préstamo de instrumentos e unha primeira clase de proba gratuíta. Para os menores de cinco anos, existe o Xardín Musical, unha actividade de iniciación sen custo ningún.
Para anotarse, debes cubrir o formulario oficial da escola. Se tes dúbidas ou queres máis información, podes contactar a través do correo [email protected] ou chamando ao teléfono 607 072 653.