O BNG de Xinzo de Limia organiza este domingo, 26 de xullo, ás 12:00 horas, un acto aberto para celebrar o Día da Patria Galega no Castelo de Pena.
A xornada busca poñer en valor o patrimonio histórico e natural da comarca a través de varias intervencións:
- Manolo Seoane (arquitecto): falará sobre o valor patrimonial do propio castelo.
- Samuel Formoso e Anxo Suárez: reflexionarán sobre a contorna da Lagoa de Antela e a natureza da zona.
- Mirian Opazo: ofrecerá unha actuación musical para pechar o encontro.
A formación convida a toda a veciñanza a participar nesta xornada, que pretende ser un espazo de encontro para coñecer e reivindicar a identidade galega desde o territorio da Limia.