A Deputación de Ourense, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, presentou o novo Circuíto Basket 3×3. Esta iniciativa, que forma parte do Programa de Fomento Deportivo 2026, busca promover hábitos de vida saudables e acercar esta modalidade olímpica a toda a cidadanía mediante un formato dinámico e accesible.
O presidente da institución, Luis Menor, destacou o carácter integrador e a capacidade de este deporte para dinamizar a vida social e chegar a todos os recunchos da provincia, reforzando o compromiso coa descentralización das actividades deportivas.
Calendario de xornadas
O circuíto percorrerá seis concellos durante os meses de agosto e setembro:
- Muíños: 16 de agosto
- Ribadavia: 21 de agosto
- O Carballiño: 22 de agosto
- Xinzo de Limia: 29 de agosto
- Allariz: 30 de agosto
- O Barco de Valdeorras: 05 de setembro
Participación e categorías
A competición está aberta tanto a xogadores federados como non federados, permitindo a formación de equipos masculinos, femininos ou mixtos. As categorías participantes son:
- Preminibasket e minibasket
- Infantil e cadete
- Xúnior e sénior
Gran Final
Os dous equipos finalistas de cada categoría en cada sede clasificarán para disputar a gran final do Circuíto Provincial, que terá lugar o 19 de setembro no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.