Esta mañá celebrouse na piscina climatizada de Xinzo un torneo de natación que reuniu a nadadores de todas as categorías. O evento carácter amistoso contou coa participación de varios clubes: Flavitos, o Clube de Natación de Chaves, o Miraflores e Piscina de Verín e o club local da Limia.
O obxectivo principal deste encontro foi o fomento do deporte e a convivencia entre os participantes, de tal xeito que todos os nadadores recibirán unha medalla como parte da experiencia.