La Región
Reapertura este verán da Casa da Lagoa de Sandiás
O Concello de Sandiás anunciou que o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, coñecido como Casa da Lagoa, reabre as súas portas de xeito regular este verán.
O prezo da entrada establécese en 1 euro por persoa. As visitas ao espazo divulgativo lévanse a cabo na compañía do guía e historiador Álex de los Ríos.
Patrimonio etnográfico
A Casa da Lagoa agocha unha mostra que dá boa conta do patrimonio etnográfico do Concello de Sandiás. Grazas ao uso de imaxes, achados e pezas audiovisuais, fais…