← Volver Diario do Limia

Xinzo de Limia liderou a taxa de doazón de sangue en Ourense no 2023

Xinzo de Limia liderou a taxa de doazón de sangue en Ourense no 2023

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) levará a cabo a campaña especial de doazón de sangue «Somos Olímpicos» o venres 12 e o sábado 13 de xullo en Xinzo de Limia. Esta iniciativa pretende sensibilizar á cidadanía galega sobre a importancia do xesto solidario da doazón de sangue durante os meses de verán.

No pasado ano 2023, Xinzo de Limia foi o municipio con maior taxa de doazón da provincia de Ourense, con 525 doazóns, acadando un índice de 55 doazóns por cada 1.000 habitantes. ADOS quere trasladar o seu recoñecemento aos veciños e veciñas deste concello polo seu altruísmo e solidariedade.

Unha unidade móbil de ADOS estará estacionada diante do Concello de Xinzo de Limia nos seguintes horarios:

Venres, 12 de xullo: das 10:00 ás 14:00 horas e das 16:00 ás 21:00 horas.
Sábado, 13 de xullo: das 10:00 ás 15:00 horas.

Ademais, o venres, ao carón da unidade móbil, disporase unha montaxe alusiva aos Xogos Olímpicos e todos os doantes recibirán unha camiseta co lema da campaña como agasallo.

Unidade móbil de ADOS.

Esta campaña desenvolverase en 23 concellos galegos e é especialmente importante durante o verán, período no que se fai máis difícil manter un volume de doazóns estable debido á deslocalización dos doantes habituais por mor das vacacións. ADOS lembra que, diariamente, son precisas entre 400 e 500 doazóns de sangue para o mantemento do labor asistencial dos hospitais galegos. Nos meses estivais, é necesario reforzar o chamamento á solidariedade.
 
 
Concello solidario

ADOS tamén agradece á corporación municipal o seu apoio constante ás iniciativas destinadas a promover a doazón de sangue, tanto nesta campaña especial «Somos Olímpicos» como no resto de visitas das unidades móbiles ao longo do ano.

Ángeles Martínez, concelleira de Servizo Sociais xunto a un dos membros de ADOS.

 
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, das redes sociais e do teléfono gratuíto de información 900 100 828, onde se poden resolver dúbidas relacionadas coa doazón de sangue ou coñecer as datas dos desprazamentos das unidades móbiles.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
Galicia presenta o Rexistro Galego de Persoas Centenarias (Regace)
Diario do Limia Galicia presenta o Rexistro Galego de Persoas Centenarias (Regace)
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentou en Santiago de Compostela o Rexistro Galego de Persoas Centenarias (Regace), un proxecto pioneiro en España que busca converter a Galicia nun referente para o estudo da lonxevidade. Contexto e datos demográficos: Galicia destaca polo seu alto índice de lonxevidade, contando actualmente con uns 1.800 persoas de cen anos ou máis, o que representa o 12% da poboación centenaria de toda España. Ademais, a comunidade supera a media estata…
16 de junio de 2026 2 min lectura
FOTOGALERÍA | Máis de mil escolares galegos e portugueses renovan a súa irmandade arredor do Limia
Diario do Limia FOTOGALERÍA | Máis de mil escolares galegos e portugueses renovan a súa irmandade arredor do Limia
O río Limia volveu converterse nun punto de encontro entre Galicia e Portugal coa celebración do XIV Abrazo ao Río Limia. Escolares de diversos centros educativos da comarca e de Ponte de Lima participaron nunha iniciativa que promove a educación ambiental, o coñecemento do patrimonio natural e o fortalecemento dos lazos históricos e culturais entre ambas localidades. A actividade culminou cun novo abrazo simbólico ao río, un xesto que ano tras ano reafirma a irmandade entre os dous pobos.
16 de junio de 2026 1 min lectura
Ráfaga en Xinzo: el fenómeno internacional de la cumbia aterriza en las fiestas de Santa Mariña
Diario do Limia Ráfaga en Xinzo: el fenómeno internacional de la cumbia aterriza en las fiestas de Santa Mariña
La histórica banda de cumbia argentina Ráfaga ha incluido oficialmente a la localidad de Xinzo de Limia dentro de su programación de conciertos para este verano de 2026. La mítica formación, internacionalmente conocida por éxitos de masas como Mentirosa o Una ráfaga de amor, se presentará ante el público de la comarca el próximo viernes, 17 de julio de 2026, coincidiendo con la celebración de las fiestas patronales de Santa Mariña. La confirmación de esta gran actuación musical se enmarca de…
22 de junio de 2026 2 min lectura