← Volver La Voz de Galicia

Un café

Un café

Fotografía de arquivo. A Limia News.

André Coelho | EFE

15 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Ooutro día, un veciño fíxome lembrar a anécdota do ano 2007, cando un xubilado, a modo de queixa, lle preguntara nun programa televisivo a Zapatero, se sabía canto valía un café. O daquela presidente zafárase con 80 céntimos e houbo coma un reproche xeral por non estar na realidade e non saber que a cousa xa andaba por riba do euro nalgunhas cidades. Aquela suba xa viña de atrás, cando coa entrada do euro houbo case unha igualación coas antigas cen pesetas. O exemplo máis claro foi como aquelas tendas de todo a cen adoptaron o nome da nova moeda, sen cambiaren os produtos nin termos os traballadores unha transición semellante nos nosos salarios.

Estes días andei por Madrid e decateime de que alternar se volveu prohibitivo xusto por algo tan simple coma un café, que, se o tomas no centro, non baixa dos tres ou catro euros, mesmo cinco en locais máis turísticos onde a alta demanda permite multiplicar os prezos.
O cociñeiro Ferran Adrià adiantou na Coruña que en cinco anos a suba pode chegar ao 50 % porque vai ser difícil atopar persoal capacitado na hostalería porque quererá cobrar, como mínimo, máis de dous mil euros. Seica o sector anda tocado e a metade de locais non duran abertos máis de cinco anos. Talvez esteamos afeitos a comparar o que nos custa un café na nosa casa e esquecemos que esa marxe tan estratosférica de beneficio nun local cómpre para pagar moitas máis cousas ca unha simple consumición.

Teremos que aceptar esta nova realidade ou ficar na casa. Por iso, cando a esoutro veciño que sempre me pide para un café lle dei un euro, quedou a mirar a moeda cun xesto anoxado e reprochoume, como aqueloutro xubilado a Zapatero, que en Xinzo xa non abondaba esa cantidade para tomar un café.

Archivado en: Salarios Xinzo de Limia Ferran Adriá Gastronomía

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Ferran Adriá Gastronomía La Voz de Galicia Opinión prensa Salarios Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
A avea moura recupera o seu lugar na gastronomía e na cosmética galega
La Voz de Galicia A avea moura recupera o seu lugar na gastronomía e na cosmética galega
Un equipo formado por investigadores, panadeiros e cociñeiros logrou recuperar o cultivo da avea moura, un cereal autóctono de Galicia que estaba a piques de desaparecer por completo. Este proxecto busca poñer en valor as propiedades deste produto tradicional a través de diferentes usos comerciais: Alimentación: elaboración de pans artesanais e salsas. Cosmética: creación de produtos para o coidado da pel baseados nas propiedades deste cereal. A iniciativa pretende salvar esta variedade loca…
4 de octubre de 2026 1 min lectura
A Audiencia de Ourense confirma seis meses de cárcere para un home por acosar á súa exmuller
La Voz de Galicia A Audiencia de Ourense confirma seis meses de cárcere para un home por acosar á súa exmuller
A Audiencia Provincial de Ourense ratificou a condena de seis meses de prisión para un home que incumpríu unha orde de afastamento en Xinzo de Limia. O suceso ocorreu o pasado 6 de abril, cando o condenado se achegou á súa exparella mentres ela estaba nunha terraza dun bar. O home tiña prohibido aproximarse a menos de 100 metros da muller por unha sentenza ditada en xaneiro. Estes son os detalles clave do caso: O pretexto: O home xustificou a súa presenza dicindo que ía entregar ao fillo que …
8 de octubre de 2026 1 min lectura
A Garda Civil desarticula en Ourense unha rede de estafas amorosas que gañou 225.000 euros
La Voz de Galicia A Garda Civil desarticula en Ourense unha rede de estafas amorosas que gañou 225.000 euros
Unha veciña de Ourense perdeu 30.000 euros tras ser enganada por unha trama criminal que se facía pasar por un médico militar. A operación policial rematou coa detención de dúas persoas en Bilbao e a investigación dun terceiro implicado. A vítima contactou a través de Facebook cun perfil falso que, durante meses, finxiu manter unha relación sentimental con ela. Aproveitando esta confianza, os estafadores fixéronlle enviar os cartos mediante transferencias, compras de tarxetas de videoxogos e en…
8 de octubre de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser