← Volver La Voz de Galicia

As cinzas de Camilo de Dios

As cinzas de Camilo de Dios

Fotografía de arquivo. A Limia News.

30 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Un grupo de amigos e admiradores de Camilo de Dios (Sandiás, 1931- 2019) peregrinamos á Serra (os montes de Edreira) para dar terra ás súas cinzas nun lugar desa ríspita xeografía que os guerrilleiros antifranquistas chamaban, coloquialmente, O Balneario. Alí “descansaban” nas datas nas que as circunstancias aconsellaban suspender ou disimular as actividades da guerrilla. Foi o propio Camilo, días antes do seu pasamento, quen deixou dito que debería ser incinerado e que as súas cinzas fosen, para sempre, hóspedes do monte que acolleu os seus soños de defensor da República.

Porque Camilo, que se incorporou á guerrilla galega en 1947, con 16 anos, pensaba, como outros irmáns na loita, que a chamada guerra civil non finalizara o 1 de abril de 1939. A bandeira deles, naqueles esixentes e perigosos anos, seguía a ser a tricolor. Lembremos que o noso loitador naceu en abril de 1931, o mes da II República, o réxime que chegou a España sen que soasen as trompetas de Marte. Díxoo doutra maneira o gran don Antonio Machado: «Todo un régimen caía sin sangre, para asombro del mundo. La República salía de las urnas acabada y perfecta, como Minerva de la cabeza de Júpiter».
Camilo aínda non ten o biógrafo que merece. É a biografía dun home esencialmente bo, xeneroso e solidario que se xogou a vida, moi novo, a unha causa, daquela, só asumida por persoas de principios sociais moi fondos. Colleitou toneladas de sufrimento e tortura, dez anos de cárcere e outras durezas, entre elas os trece anos de prisión de súa nai, Carmen Fernández Seguín, e a morte, abatido nunha aldea de Ávila, de Perfecto de Dios, irmán seu e camarada no Partido e na guerrilla.

Pero Camilo, como recoñecen os veciños de Xinzo de Limia, saíu de tanto horror máis sabio, máis humano e, tamén, máis comprometido. Algún día haberá que falar dos versos que Camilo escribiu na prisión, versos que nos transmiten a súa bondade e a súa sensibilidade. Con dezasete anos, ferido nun xeonllo, non só foi curado por unha mociña da comarca senón que lle fixo, a aquel don Quixote das montañas de Galicia, uns versos emocionantes.

Archivado en: Sandiás Xinzo de Limia

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
La Voz de Galicia prensa sandiás Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
Accidente mortal en Sandiás: un morto e dous feridos
La Voz de Galicia Accidente mortal en Sandiás: un morto e dous feridos
Un accidente de tráfico fatal rexistráuse este venres ás 04:30 h na comarca de A Limia, concretamente no concello de Sandiás, no quilómetro 4 da estrada OU-531. O suceso produciuse cando un vehículo Audi TT de cor vermella saíu da vía polo margen dereito nunha curva cara á esquerda, acabando volcado nunha finca colindante. Detalles das vítimas: Condutor: Un mozo de 27 anos, veciño de Xinxo de Limia, que faleceu no accidente. Pasaxeiros: Doutras dúas persoas resultaron feridas, unha delas de …
15 de mayo de 2026 1 min lectura
Accidente mortal na OU-531: un veciño de Xinzo de Limia falece
La Voz de Galicia Accidente mortal na OU-531: un veciño de Xinzo de Limia falece
Ocorrido: Un grave accidente de tráfico no quilómetro 4 da estrada OU-531 causou a morte de Pablo Rodríguez Rodríguez, un mozo de 27 anos veciño de Xinzo de Limia. Detalles do siniestro: Segundo as informações recollidas, o vehículo implicado impactou varias veces contra o chan antes de detense, perdendo diversas pezas no proceso. Impacto e vítimas: Ademais do falecemento de Rodríguez Rodríguez, o accidente deixou outros dous mozos feridos, un deles con feridas de grazia.
16 de mayo de 2026 1 min lectura
A Asociación Algaria entrega alimentos ao Banco de Alimentos de Xinzo
La Voz de Galicia A Asociación Algaria entrega alimentos ao Banco de Alimentos de Xinzo
A Asociación Algaria, colectividade dedicada á defensa dos dereitos das persoas con mobilidade reducida ou problemas de accesibilidade, realizou unha nova dotación de produtos non perecedeiros ao Banco de Alimentos de Xinzo de Limia. Esta entrega consiste en lotes de leite e aceite, cun valor total de 500 euros. Os fondos utilizados para esta acción solidaria proceden das rifas organizadas para o sorteo de Nadal de 2025. Como o premio principal (cheques de 500 euros para o comercio local) quedo…
9 de junio de 2026 1 min lectura