← Volver La Región

Laura Gutiérrez gaña o certame Antón Tovar

Laura Gutiérrez gaña o certame Antón Tovar

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O poema “Tanto camiñei, camiñei tanto”, de Laura Valeria Gutiérrez Caneda, é o gañador do Certame Literario Antón Tovar convocado polo Padroado do Museo da Limia. A xunta directiva do Padroado reitera a reivindicación de que a Real Academia Galega (RAG) adique a Tovar o Día das Letras Galegas do 2025. Hoxe, 4 de xuño de 2024, cúmprense 20 anos do pasamento de Antón Tovar e, con tal motivo, o Padroado do Museo da Limia convocou un certame literario, patrocinado polo Balneario de Cortegada e o Hotel Bienestar Termas de Monção.

O xurado do certame acordou, por unanimidade, premiar o devandito poema e adherirse tamén ao acordo da xunta directiva do Padroado do Museo da Limia para demandar que a RAG lle dedique o vindeiro Día das Letras Galegas.
O premio consiste nun bono para pasar unha fin de semana para unha parella, en pensión completa, no Hotel Bienestar Termas de Monção (Portugal) e na publicación do texto na revista Tempos Novos. A entrega do galardón será o 15 de xuño no Museo da Limia.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
A Limia La Region prensa
Tamén che pode interesar
Profesionais do sector agrario de A Limia avalian novas variedades de cereais en Xinzo de Limia
La Región Profesionais do sector agrario de A Limia avalian novas variedades de cereais en Xinzo de Limia
Un grupo de profesionais do sector agrario de A Limia reuniuse en Piñeira Seca (Xinzo de Limia) para valorar os resultados dos ensaios que realiza o Centro de Investigacións Agrarias de Magebondo (CIAM) sobre novas variedades de cereal. Este estudo está vinculado á rede Grupo para a Avaliación de Novas Variedades de Cultivos Extensivos en España (Genvce). A demostración contou coa participación de Luis Urquijo, investigador responsable do ensayo, quen presentou cinco variedades de trigo de inve…
4 de junio de 2026 2 min lectura
Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
La Región Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
A asociación Civitas Limicorum celebrou a terceira edición do evento "Vestales" en Xinzo de Limia, unha iniciativa que busca recuperar a conexión histórica da zona de A Limia co Imperio Romano. Este certame complementa a Festa do Esquecemento, que aspira a converterse nunha cita de Interés Turístico. O evento contou coa participación de diversos grupos de recreación histórica de toda España, desenvolvendo unha programación centrada na figura das sacerdotisas de Vesta e o simbolismo do lume sagr…
31 de mayo de 2026 2 min lectura
Varios feridos en accidentes de tráfico en Rairiz de Veiga e Xinzo
La Región Varios feridos en accidentes de tráfico en Rairiz de Veiga e Xinzo
Durante a tarde de hoxe, rexistráronse dous accidentes de tráfico na provincia que deixaron varias persoas feridas. O primeiro incidente ocorreu aproximadamente ás 15:53 h na OU-501, á altura do kilómetro 0 en Rairiz de Veiga (A Limia). Nunha colisión entre dous vehículos produciuse unha saída de vía que resultou en varias persoas feridas. Un dos ocupantes precisou de asistencia médica por parte de Urxencias Sanitarias 061 debido a dores no peito e nun brazo. Á zona despacháronse membros da Gua…
5 de junio de 2026 1 min lectura