← Volver La Región

Arranca en Xinzo a campaña contra as minas de litio

Arranca en Xinzo a campaña contra as minas de litio

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Arrancou en Xinzo a campaña de alegacións contra os permisos de minaría a ceo aberto. Stop Eólicos A Limia, Xurés, Celanova e o Movemento Ecoloxista da Limia sumáronse á veciñanza que se está empezando a organizar contra o proxecto Novo Frixo coa campaña de información e participación pública sobre os proxectos de minaría que afectarán á Limia e Monterrei: “Mina Novo Frixo Non”.

Así, durante o día de onte e coincidindo coa feira de Xinzo, recolléronse nunha mesa informativa preto de 200 alegacións contra Novo Frixo e distribuíronse outras tantas. O prazo para o seu rexistro remata o próximo luns, 22 de xullo, e con tal motivo a campaña nos puntos de recollida darase por rematada o día anterior, domingo 21, para poder levar a cabo o rexistro de todas as alegacións que se presenten dentro do prazo establecido. Os puntos de recollida habituais están activos en Xinzo, Allariz, Ourense, Bande e, nos próximos días, tamén en Vilar de Santos. Ademais, sumáronse puntos en Sarreaus e Cualedro.
“O obxectivo é mostrar o rexeitamento social a este tipo de explotación industrial tremendamente agresiva contra o territorio”, segundo sinalan desde Stop Eólicos e Movemento Ecoloxista da Limia. A información pódense consultar nas redes sociais e na web xurescelanova.fala.gal.

Nos próximos días, as plataformas informarán doutras accións contra as minas e porán á disposición da veciñanza os documentos presentados pola promotora para iniciar os proxectos que ameazan un amplo territorio nos concellos de Sarreaus, Laza e Cualedro, na Limia; así como de Verín, Vilardevós e Oímbra, na comarca veciña de Monterrei.
Precisamente o Concello de Vilardevós acaba de votar tamén nunha sesión de pleno contra as minas a ceo aberto que están en proxecto para esta zona.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
A Limia La Region prensa
Tamén che pode interesar
Inaugurada a nova zona de escalada de A Forxa en A Limia
La Región Inaugurada a nova zona de escalada de A Forxa en A Limia
O Concello de Porqueira inaugurou oficialmente a nova zona de escalada de A Forxa, situada no canón do río Fírbeda. Este proxecto, que contou co apoio de Turismo de Galicia, supuxo unha inversión de preto de 40.000 euros. A nova instalación ofrece 43 vías distribuídas en seis sectores, deseñadas para todos os niveis de escaladores e cumprindo coa normativa europea de seguridade. Ademais, a iniciativa inclúe a homologación dun sendeiro circular de cinco quilómetros coñecido como a ruta das Ferve…
1 de junio de 2026 1 min lectura
Vídeo | Dedican una canción al joven fallecido en un accidente en Sandiás: «Haré que tu luz nunca se apague»
La Región Vídeo | Dedican una canción al joven fallecido en un accidente en Sandiás: «Haré que tu luz nunca se apague»
El pasado 15 de mayo, Xinzo de Limia amanecía con la noticia del accidente que le costó la vida a uno de sus vecinos, Pablo Rodríguez, que en el momento del siniestro tenía 27 años. En la madrugada anterior, su Audi TT se salió de la vía en la OU-531 a su paso por Sandiás tras alcanzar los 200 km/h, y acabó volcando en una finca colindante. "Vuela alto" es la canción que sirve para homenajear al joven fallecido en el siniestro. El rap ha sido producido y distribuido por uno …
26 de mayo de 2026 3 min lectura
Aprendizaxe experimental: Os centros de Os Blancos e Monterrei celebran a súa Feira de Ciencia
La Región Aprendizaxe experimental: Os centros de Os Blancos e Monterrei celebran a súa Feira de Ciencia
O alumnado do colexio de Os Blancos e do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Monterrei protagonizou unha Feira de Ciencia no centro de Limia, cunha proposta baseada na experimentación directa e a participación activa dos estudantes. Durante a xornada, os alumnos explicaron conceptos científicos fundamentais como o principio de Arquímides, a electricidade estática, as leis de Newton e o nivel de pH mediante diversos postos de experimentación. Un dos momentos máis destacados foi unha representación t…
4 de junio de 2026 2 min lectura