← Volver Diario do Limia

Xinzo de Limia liderou a taxa de doazóns en Ourense no 2023

Xinzo de Limia liderou a taxa de doazóns en Ourense no 2023

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) levará a cabo a campaña especial de doazón de sangue «Somos Olímpicos» o venres 12 e o sábado 13 de xullo en Xinzo de Limia. Esta iniciativa pretende sensibilizar á cidadanía galega sobre a importancia do xesto solidario da doazón de sangue durante os meses de verán.

No pasado ano 2023, Xinzo de Limia foi o municipio con maior taxa de doazón da provincia de Ourense, con 525 doazóns, acadando un índice de 55 doazóns por cada 1.000 habitantes. ADOS quere trasladar o seu recoñecemento aos veciños e veciñas deste concello polo seu altruísmo e solidariedade.

Unha unidade móbil de ADOS estará estacionada diante do Concello de Xinzo de Limia nos seguintes horarios:

Venres, 12 de xullo: das 10:00 ás 14:00 horas e das 16:00 ás 21:00 horas.
Sábado, 13 de xullo: das 10:00 ás 15:00 horas.

Ademais, o venres, ao carón da unidade móbil, disporase unha montaxe alusiva aos Xogos Olímpicos e todos os doantes recibirán unha camiseta co lema da campaña como agasallo.

Unidade móbil de ADOS.

Esta campaña desenvolverase en 23 concellos galegos e é especialmente importante durante o verán, período no que se fai máis difícil manter un volume de doazóns estable debido á deslocalización dos doantes habituais por mor das vacacións. ADOS lembra que, diariamente, son precisas entre 400 e 500 doazóns de sangue para o mantemento do labor asistencial dos hospitais galegos. Nos meses estivais, é necesario reforzar o chamamento á solidariedade.
 
 
Concello solidario

ADOS tamén agradece á corporación municipal o seu apoio constante ás iniciativas destinadas a promover a doazón de sangue, tanto nesta campaña especial «Somos Olímpicos» como no resto de visitas das unidades móbiles ao longo do ano.

Ángeles Martínez, concelleira de Servizo Sociais xunto a un dos membros de ADOS.

 
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, das redes sociais e do teléfono gratuíto de información 900 100 828, onde se poden resolver dúbidas relacionadas coa doazón de sangue ou coñecer as datas dos desprazamentos das unidades móbiles.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
FOTOGALERÍA | Cientos de corredores tomaron Xinzo en una Carrera Popular con nuevo recorrido
Diario do Limia FOTOGALERÍA | Cientos de corredores tomaron Xinzo en una Carrera Popular con nuevo recorrido
Xinzo de Limia vivió una jornada marcada por el deporte con la celebración de una nueva edición de la Carrera Popular, una cita que volvió a reunir a corredores y aficionados de distintas edades en las calles del municipio. La principal novedad de esta edición fue la incorporación de un nuevo recorrido alrededor del río Limia, apostando por un trazado que combinó deporte, naturaleza y la puesta en valor de uno de los espacios más representativos de la comarca. El circuito permitió a los partici…
24 de mayo de 2026 1 min lectura
Campus de Verán do RC Celta en Xinzo de Limia (2026)
Diario do Limia Campus de Verán do RC Celta en Xinzo de Limia (2026)
A Fundación RC Celta celebrará o seu campus de verán no Campo de Fútbol José Antonio Fernández Carrera de Xinzo de Limia, desenvolvéndose do luns 27 ao vennes 31 de xullo de 2026. Esta iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 16 anos e combina o adestramento futbolístico con a metodoloxía propia da cantera do club vigués. O horario de actividade será das 9:30 á 14:00 horas. Servizos incluídos: Adestramentos segundo a metodoloxía Celta e diferentes tipos de competición. Equipació…
10 de junio de 2026 1 min lectura
Programación musical da Agrupación Musical da Limia para o mes de xuño
Diario do Limia Programación musical da Agrupación Musical da Limia para o mes de xuño
A Agrupación Musical da Limia terá un mes de intensa actividade con diversas cita musicais repartidas entre a comarca e a cidade de Ourense. 7 de xuño: A xornada comenzará ás 12:00 h con a participación da agrupación na Procesión do Corpus en Xinzo. Á tarde, ás 19:00 h, a Chikiband e a Orquestina Antela actuarán na Xira Comarcal de Pena. 12 de xuño: Desenvolvese o Festival de Bandas Infantís na Igrexa Nova de Xinzo ás 20:30 h, cunha actuación conxunta da Minibanda do Conservatorio de Verín e a…
5 de junio de 2026 1 min lectura