O cemiterio de Rairiz de Veiga acolleu este domingo, 25 de outubro, unha homenaxe a Ramón Rodríguez, mestre e antigo alcalde do municipio na década de 1950, na que se substituíu a súa lápida por unha nova escrita en galego.
Este acto forma parte da iniciativa En galego, agora e sempre, que busca recuperar o uso da nosa lingua nos espazos funerarios. Durante a xornada, a familia de Rodríguez e os representantes das entidades organizadoras reivindicaron a importancia de manter vivo o idioma como legado das xeracións pasadas.
Ademais da nova lápida do exalcalde, colocouse unha placa na entrada do camposanto como recoñecemento a todos os que alí descansan. A iniciativa contou coa colaboración de:
- Concello de Rairiz de Veiga
- Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística
- Xunta de Galicia