O concelleiro de Xinzo, Carlos Gómez Salgado (PP), esixiu que se cumpra o Pacto de Gobernabilidade firmado en xuño de 2023 entre o AXIL e o Partido Popular. O político pide que a Xunta e a Deputación incluann as obras pendentes nos próximos orzamentos.
A pesar das recentes obras na travesía da vila, Salgado denuncia que perso cerca de 8 millóns de euros en dous proxectos fundamentais que aínda non se executaron:
- O Plan Hurbe, para modernizar o Casco Histórico.
- O Auditorio/Multiusos, para a cultura e a economía local.
Tamén reivindicou a necesidade de avanzar en outras infraestruturas para a comarca, coma:
- A culminación do Parque Empresarial.
- A planta de tratamento de xurros.
- A apertura do Museo Galego do Entroido.
- A mellora de estradas rurais e a limpeza de canles.
O representante municipal pediu a Alfonso Rueda (Xunta) e a Luís Menor (Deputación) que aseguren as partidas necesarias para estes investimentos nos próximos orzamentos.