← Volver Diario do Limia

O BNG de Trasmiras esixe un pleno urxente para que o rexedor explique por que o investigan

O BNG de Trasmiras esixe un pleno urxente para que o rexedor explique por que o investigan

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O grupo municipal do BNG de Trasmiras solicitará a convocatoria dun Pleno extraordinario de urxencia no concello de Trasmiras, á vista dos recentes acontecementos xudiciais que afectan ao equipo de goberno municipal.

«Non cremos na xudicialización da política e sempre nos centramos estritamente no ámbito político», indicou a voceira nacionalista de Trasmiras. O BNG solicitara reiteradamente información en diferentes Plenos sobre os supostos ilícitos que levaron á fiscalía a investigar as diversas situacións irregulares no concello. «Dende o BNG pedimos en varios Plenos explicacións sobre unha serie de expedientes e pagos que consideramos irregulares e dos que non obtivemos información por parte do actual alcalde».

Para o BNG, é no ámbito político onde se deben resolver este tipo de problemas. Por iso, ante as actuacións da fiscalía na casa consistorial de Trasmiras, por uns presuntos delitos de gravidade, insistimos en que é no ámbito institucional e político onde se deben clarificar, polo ben da veciñanza, a xestión que se fai dende o concello por parte dos representantes políticos.

O grupo municipal do BNG de Trasmiras espera que «os presuntos ilícitos de malversación de fondos públicos e prevaricación, supostamente cometidos polo actual alcalde de Trasmiras, sexan resoltos debidamente e coa máxima dilixencia polas autoridades, polo ben do concello».

Por este motivo, esiximos ao alcalde que dea as debidas explicacións públicas no ámbito da súa responsabilidade, comparecendo ante o Pleno municipal. Por esta razón, solicitaremos un Pleno extraordinario de urxencia no que responda ás preguntas e dúbidas que suscita a súa xestión política.
Ademais de solicitar o Pleno extraordinario e de urxencia, esixiremos que se nos dé acceso aos expedientes que motivaron a investigación e intervención da fiscalía en Trasmiras.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local Trasmiras
Tamén che pode interesar
Ráfaga en Xinzo: el fenómeno internacional de la cumbia aterriza en las fiestas de Santa Mariña
Diario do Limia Ráfaga en Xinzo: el fenómeno internacional de la cumbia aterriza en las fiestas de Santa Mariña
La histórica banda de cumbia argentina Ráfaga ha incluido oficialmente a la localidad de Xinzo de Limia dentro de su programación de conciertos para este verano de 2026. La mítica formación, internacionalmente conocida por éxitos de masas como Mentirosa o Una ráfaga de amor, se presentará ante el público de la comarca el próximo viernes, 17 de julio de 2026, coincidiendo con la celebración de las fiestas patronales de Santa Mariña. La confirmación de esta gran actuación musical se enmarca de…
22 de junio de 2026 2 min lectura
A Xunta galega galardoa centros educativos polo seu labor en convivencia e inclusión
Diario do Limia A Xunta galega galardoa centros educativos polo seu labor en convivencia e inclusión
A Xunta de Galicia entregou en Santiago de Compostela os premios de excelencia educativa correspondentes á edición de 2025, recoñecendo o traballo de vinte e un centros educativos e unha aula hospitalaria polo seu compromiso coa convivencia escolar, o benestar emocional e a inclusión. Na provincia de Ourense, destacaron dous centros con galardóns e dotacións económicas específicas: CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia): Obtivo o segundo premio na categoría "Tolerancia Cero" (Educación Infant…
27 de mayo de 2026 1 min lectura
Segunda etapa do ciclo de andainas pola Vía da Prata entre Verín e Xinzo de Limia
Diario do Limia Segunda etapa do ciclo de andainas pola Vía da Prata entre Verín e Xinzo de Limia
Unas 40 persoas participaron este domingo na segunda etapa do ciclo de andainas pola Vía da Prata, un evento promovido pola Deputación de Ourense a través do Inorde. O percorrido, de dificultade media-alta, consistiu nunha ruta de 34,8 quilómetros entre Verín e Xinzo de Limia, atravesando puntos de notable valor patrimonial como o Castelo de Monterrei, o val de Albarellos e o alto das Estibadas. Ao chegar a Xinzo de Limia, os participantes visitaron as instalacións do Museo Galego do Entroido (…
7 de junio de 2026 2 min lectura