← Volver Diario do Limia

NOTICIAS XINZO I Asun Morgade incorpóranse a Comisión Executiva do PSOE ourensán

NOTICIAS XINZO I Asun Morgade incorpóranse a Comisión Executiva do PSOE ourensán

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar un Comité Provincial en Santa Cruz de Arrabaldo, onde se esgrimiu a necesidade de seguir aumentando a actividade política, co obxectivo de conseguir a confianza da cidadanía na provincia de Ourense. Durante a celebración do mesmo ratificáronse por unanimidade os cambios na Comisión Executiva Provincial, procedeuse a lectura do informe do secretario xeral provincial e abriuse unha queda de intervencións libres entre os asistentes.

Seguindo a liña de acción sinalada no comité provincial do pasado 13 de abril, o PSdeG-PSOE de Ourense aumentou a súa actividade política nestes 3 meses coa celebración de catro Comisións Executivas Provinciais (CEPs), de  xuntanzas en 5 das nove bisbarras provinciais, e o inicio de contactos con áreas estratéxicas de desenvolvemento, coma as Denominacións de Orixe (DO) vitivinícolas.

Este contacto co territorio tamén se reflectiu en actos que reivindicaron a finalización da estrada AG-31 de conexión entre Celanova e a fronteira de Portugal, o contacto coa Dirección de UXT e empresas senlleiras de Ourense, como é o caso da carroceira UNVI, ou a intensa cadea de accións desenvolvidas pola secretaría provincial de migracións para informar e defender aos emigrantes retornados ao longo do territorio ourensán e tamén noutros puntos da xeografía nacional.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, destacou durante a súa intervención que «a mobilización e a xeración dun discurso político propio son necesidades máis acuciantes, nestes intres, logo dos acontecementos políticos sucedidos ao longo do tempo e as accións levadas a cabo no eido provincial».

Villarino aproveitou tamén para relatar as diferentes actividades levadas a cabo ao longo dos últimos tres meses, entre as que destacaron as diferentes reunións comarcais, con empresas e asociacións; as roldas de prensa para destacar os investimentos do Goberno ou denunciar a situación das multas pagadas pola Deputación de Ourense a Manuel Baltar; a campaña electoral das eleccións europeas, a celebración da III edición de ConMemora; ou os diferentes actos e actividade orgánica do partido.

«Animamos á militancia do partido a traballar con máis intensidade que nunca para recuperar a confianza da cidadanía e a erixir ao PSdeG-PSOE no referente político da provincia de Ourense», destacou Villarino. Por último, o líder das e dos socialistas ourensáns afirmou que «actuando deste xeito, eliminarase a confusión ideolóxica xerada polas dereitas, ilustrarase a valía das políticas progresistas, e situarase ao Partido Socialista como referente da veciñanza de Ourense».
O PSdeG-PSOE de Ourense desenvolverá un intenso programa de accións locais, comarcais e provinciais dirixidas a mobilizar as bases do partido, difundir exemplos de éxito político municipal e xerar espazos de diálogo e debate permanentes coa veciñanza e os axentes sociais. As ideas e proxectos que emanen destes intercambios de visións, incorporaranse ao programa do partido e contribuirán a redefinir e actualizar a súa misión na sociedade ourensá.
Cambios na Comisión Executiva Provincial
O Comité Provincial serviu tamén para ratificar por total unanimidade a incorporación de referentes do socialismo ourensán a Comisión Executiva Provincial. Deste xeito incorpóranse a executiva a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asun Morgade, que exercerá como secretaria de atención á dependencia; o alcalde de Melón, Emilio Luís Díaz, que asume o cargo de secretario de relacións institucionais; a concelleira en Vilardevós, Marina Lovelace, quen será secretaria de socialdemocracia e desenvolvemento provincial, e Miguel Ángel Rodríguez Ojea, na secretaría de acción electoral.
O PSdeG-PSOE de Ourense tamén reestrutura outras áreas de traballo entre membros actuais da Executiva. Deste xeito, Javier Rey asume a secretaría de organización, namentres que Beatriz Domínguez Blanco pasa a ser adxunta á organización, cargo que compaxinará coa secretaría de igualdade e Susana Rodríguez Estévez asume a secretaría de administración e seguirá tamén en política municipal.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
O Goberno galego crea o Consello Técnico Asesor para a detección precoz de cancro
Diario do Limia O Goberno galego crea o Consello Técnico Asesor para a detección precoz de cancro
A Xunta de Galicia aprobou a creación do Consello Técnico Asesor dos Programas de Detección Precoz de Cancro, un novo órgano consultivo destinado a coordinar os cribados oncolóxicos na comunidade e incorporar os últimos avances científicos e tecnolóxicos. Esta iniciativa cumpre co compromiso asumido coa Asociación Española contra o Cancro. Composición e estrutura O consello estará integrado por especialistas en áreas clave como a epidemioloxía, oncoloxía, medicina preventiva e xenética. Ademai…
22 de junio de 2026 2 min lectura
A Xunta galega galardoa centros educativos polo seu labor en convivencia e inclusión
Diario do Limia A Xunta galega galardoa centros educativos polo seu labor en convivencia e inclusión
A Xunta de Galicia entregou en Santiago de Compostela os premios de excelencia educativa correspondentes á edición de 2025, recoñecendo o traballo de vinte e un centros educativos e unha aula hospitalaria polo seu compromiso coa convivencia escolar, o benestar emocional e a inclusión. Na provincia de Ourense, destacaron dous centros con galardóns e dotacións económicas específicas: CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia): Obtivo o segundo premio na categoría "Tolerancia Cero" (Educación Infant…
27 de mayo de 2026 1 min lectura
A Agrupación Musical da Limia conclúe con éxito a xira musical polas parroquias da comarca
Diario do Limia A Agrupación Musical da Limia conclúe con éxito a xira musical polas parroquias da comarca
A Agrupación Musical da Limia rematou este domingo en Pena a Gira Comarcal da Chikiband e a Orquestina Antela, unha iniciativa que levou música en directo aos centros sociais de nove parroquias: Piñeira Seca, San Pedro, Morgade, Laroá, Ganade, Gudín, Baronzás, a Casa dos Mestres de Trasmiras e Pena. O proxecto contou co respaldo de José Luis Tielas, director da agrupación, e de Carlos Gómez, concelleiro de Cultura do Concello de Xinzo. O obxectivo principal desta xira foi aproximar a cultura ao…
9 de junio de 2026 1 min lectura