← Volver Diario do Limia

NOTICIAS A LIMIA | O poema «Tanto camiñei, camiñei tanto», premio «Antón Tovar»

NOTICIAS A LIMIA | O poema «Tanto camiñei, camiñei tanto», premio «Antón Tovar»

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O 4 de xuño de 2024 cúmprense 20 anos do pasamento de Antón Tovar e, con este motivo, o Padroado do Museo da Limia convocou un Certame Literario, patrocinado polo Balneario de Cortegada e o Hotel Bienestar Termas de Monção (Tesal Explotación SL).

O xurado do Certame decidiu, por unanimidade, premiar o poema “Tanto camiñei, camiñei tanto”, de Laura Valeria Gutiérrez Caneda. Ademais, o xurado adhírese ao acordo da Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia, do 24/05/2024, no que se reitera a solicitude de que a RAG dedique o Día das Letras Galegas de 2025 a Antón Tovar.

O premio do certame, patrocinado polo Balneario de Cortegada e o Hotel Bienestar Termas de Monção (Tesal Explotación SL), consiste nun bono para unha fin de semana en pensión completa para dúas persoas no Hotel Bienestar Termas de Monção (Portugal) e na publicación do texto na revista Tempos Novos.

A entrega do galardón terá lugar o sábado 15 de xuño ás 19:00 horas no Museo da Limia, nun acto onde a autora premiada lerá a súa obra. Tamén participarán alumnos e alumnas do CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga), que recitarán poemas de Antón Tovar. Delfín Caseiro, presidente do Padroado e responsable da antoloxía de Tovar publicada por Xerais en 2023, fará unha breve semblanza da vida e obra do poeta da Pereira. O acompañamento musical correrá a cargo do cantautor valdeorrés Anxo Rei, que compuxo música para dez poemas de Tovar, recollidos no disco A rabela da pluma.

A obra poética e narrativa de Antón Tovar, caracterizada pola súa autenticidade e alta calidade literaria, mantén plena vixencia nos nosos días. A convocatoria deste certame literario por parte do Museo da Limia busca ser unha nova chamada á sociedade galega para valorar o extraordinario legado creativo do autor ourensán.
Desde o ano 2021, centenario do nacemento de Antón Tovar, o Museo da Limia promove diversas iniciativas para difundir a obra de Tovar e solicitar a dedicación do Día das Letras Galegas ao poeta da Pereira. En 2022, foi entregado na sede da Real Academia Galega un completo expediente que recollía varios centos de sinaturas de adhesión cidadá e numerosos documentos apoiando esta causa.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
A Limia Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Axudas da Xunta para as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil en Ourense
Diario do Limia Axudas da Xunta para as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil en Ourense
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Sarreaus para constatar a chegada das axudas destinadas ao funcionamento destas entidades en concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de concellos da provincia. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destinou 135.000 euros na provincia de Ourense dentro desta convocatoria, que a nivel autonómico suma 370.000 euros. Estas axudas direct…
8 de junio de 2026 2 min lectura
Estudantes de 4º da ESO do IES Lagoa de Antela compiten no programa Parlamento Xove
Diario do Limia Estudantes de 4º da ESO do IES Lagoa de Antela compiten no programa Parlamento Xove
Estudantes do IES Lagoa de Antela participan no Parlamento Xove Catro alumnos de 4º da ESO do IES Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia —Candela, Carlos, Nerea e Rodrigo— participaron os días 11 e 12 de xuño no programa de debate Parlamento Xove, unha iniciativa da Xunta de Galicia. Tras clasificarse na primeira rolda celebrada en febreiro no Carballiño, o grupo competiu nos cuartos de final no Albergue de Gandarío (Sada) contra o CPR Santiago Apóstolo. O tema central do debate foi a necesidade o…
12 de junio de 2026 1 min lectura
Polémica en Trasmiras polo erro institucional no Día das Letras Galegas
Diario do Limia Polémica en Trasmiras polo erro institucional no Día das Letras Galegas
O Concello de Trasmiras protagonizou un erro de comunicación institucional ao publicar, nas súas redes sociais, unha felicitación polo Día das Letras Galegas que non correspondía á homenaxe oficial. A administración local utilizou a imaxe e a biografía de Luísa Villalta, ignorando que a figura escollida para o tributo oficial é a da escritora e xornalista Begoña Caamaño. Aínda que a publicación foi retirada con rapidez tras a indignación dos usuarios, o erro xa se difundiu amplamente a través d…
18 de mayo de 2026 2 min lectura