← Volver Diario do Limia

FOTOGALERÍA | O Cadete A das Escolas Deportivas xa é equipo de Preferente!

FOTOGALERÍA | O Cadete A das Escolas Deportivas xa é equipo de Preferente!

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Cadete A do E.D.C. Xinzo de Limia conseguiu un ascenso histórico á categoría Preferente tras vencer á Escola de Fútbol Lalín nun partido crucial. Este logro é froito do esforzo, a dedicación e o apoio de xogadores, corpo técnico, familias e toda a comunidade da escola.

O pasado sábado 5 de abril ás 18:30 horas, o Cadete A do E.D.C. Xinzo de Limia xogou un encontro clave no Complexo Deportivo Fernández Carrera ante a Escola de Fútbol Lalín. Acompañados pola súa xente, cun ambiente cargado de emoción e ilusión, os nosos rapaces lograron a vitoria que lles deu o merecido ascenso á categoría Preferente.

Foi o premio ao traballo constante durante toda a tempada, á entrega de cada adestramento e á paixón por este escudo. A unión do equipo, o liderado do corpo técnico —Juan e Carlos— e o apoio incondicional das familias e de toda a familia das escolas fixeron posible este logro histórico.

Grazas a todos os que estivestes alí empuxando dende a bancada.

Hoxe podemos dicilo ben alto: somos de Preferente!

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Deportes Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Deputación de Ourense recibe ao Estrela Futsal Cortegada polo seu histórico ascenso á máxima categoría
Diario do Limia A Deputación de Ourense recibe ao Estrela Futsal Cortegada polo seu histórico ascenso á máxima categoría
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e deputado de Deportes, César Fernández, recibiu este luns no Pazo Provincial ao corpo técnico, directiva e xogadoras do Estrela Futsal Cortegada para homenaxear o seu ascenso á Primeira División do fútbol sala feminino. César Fernández quixo destacar o compromiso e espírito de superación demostrado polo equipo ao longo dunha tempada que cualificou de "extraordinaria". Segundo o deputado, este logro non só ten un valor deportivo, senón que se co…
26 de junio de 2026 2 min lectura
Un coche con matrícula suíza vólcase en Porqueira sen deixar feridos
Diario do Limia Un coche con matrícula suíza vólcase en Porqueira sen deixar feridos
Un condutor resultou ileso esta sexta feira, 26 de xuño, tras sufrir un aparatoso accidente de tráfico no municipio ourensán de Porqueira. O vehículo, que circulaba pola estrada que une Lamas e Ponteliñares, saíu da vía e acabou envorcado. O sinistro tivo lugar pasadas as 18:00 horas á altura do núcleo de San Lourenzo. Segundo as primeiras informacións, o turismo, que portaba matrícula suíza, estaba ocupado unicamente polo condutor no momento do impacto. A pesar da violencia da saída de vía e …
26 de junio de 2026 1 min lectura
O BNG de Xinzo de Limia percorre auditorios galegos para deseñar a súa proposta cultural
Diario do Limia O BNG de Xinzo de Limia percorre auditorios galegos para deseñar a súa proposta cultural
O grupo municipal do BNG en Xinzo de Limia, encabezado por Camilo Vila, está a elaborar un proxecto para o futuro auditorio da vila baseado na análise de infraestruturas semellantes e na escoita activa da veciñanza. Para garantir que o futuro equipamento sexa funcional e eficiente, o BNG iniciou unha rolda de visitas a diversos auditorios de Galicia. O obxectivo é coñecer de primeira man os seus modelos de xestión, os servizos ofrecidos e os retos aos que se enfrontan estas instalacións. Ata o…
3 de julio de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser