← Volver Diario do Limia

Xinzo de Limia celebra este venres o histórico ascenso do Antela F.C. á Terceira Federación

Xinzo de Limia celebra este venres o histórico ascenso do Antela F.C. á Terceira Federación

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Xinzo de Limia e a directiva do Antela F.C. ultiman os preparativos para homenaxear ao equipo este venres, 26 de xuño, tras acadar o histórico ascenso á Terceira Federación.

A celebración comezará ás 21:00 horas cunha gran rúa que partirá desde a Casa do Concello. O autobús, no que viaxarán os xogadores, o corpo técnico e a directiva, percorrerá as principais arterias da vila para festexar este éxito deportivo coa veciñanza.

O itinerario previsto para a comitiva é o seguinte:

O acto central terá lugar a partir das 21:45 horas na explanada do Toural. A Orquestra Pontevedra será a encargada de amenizar a chegada dos futbolistas, que subirán ao palco da música para recibir o recoñecemento oficial das autoridades locais.

Esta xornada servirá como colofón a unha tempada brillante para o club limiano, permitindo que a afección comparta cos seus xogadores un dos fitos máis importantes do fútbol local nos últimos anos.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
Presentación do Circuíto Basket 3x3 Deputación de Ourense
Diario do Limia Presentación do Circuíto Basket 3x3 Deputación de Ourense
A Deputación de Ourense, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), presentou o novo Circuíto Basket 3x3 Deputación de Ourense. Esta iniciativa, enmarcada no Programa de Fomento Deportivo 2026, ten como obxectivo promover hábitos de vida saudables e democratizar o acceso ao baloncesto mediante un formato dinámico e accesible en distintos puntos da provincia. A competición percorrerá seis concellos durante os meses de agosto e setembro, segundo o seguinte calendario de sedes: …
9 de junio de 2026 1 min lectura
Aira García Teijeiro proclámase de quen de España en acrobacia en Granada
Diario do Limia Aira García Teijeiro proclámase de quen de España en acrobacia en Granada
A gimnasta Aira García Teijeiro, integrante do Club Burgas de Ourense e natural de Boado (Xinzo de Limia), logrou un éxito destacado no recente Campeonato de España Base Alevín de ximnastia acrobática, celebrado en Granada. A competición contou coa participación de 141 deportistas da categoría base alevín feminino. Aira demostrou un gran nivel nas probas individuais, ondeพลาด destacou pola súa capacidade técnica ao conquistar: Medalla de ouro en trampolín (coa puntuación total de 78.390). Med…
5 de junio de 2026 1 min lectura
Galicia presenta o Rexistro Galego de Persoas Centenarias (Regace)
Diario do Limia Galicia presenta o Rexistro Galego de Persoas Centenarias (Regace)
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentou en Santiago de Compostela o Rexistro Galego de Persoas Centenarias (Regace), un proxecto pioneiro en España que busca converter a Galicia nun referente para o estudo da lonxevidade. Contexto e datos demográficos: Galicia destaca polo seu alto índice de lonxevidade, contando actualmente con uns 1.800 persoas de cen anos ou máis, o que representa o 12% da poboación centenaria de toda España. Ademais, a comunidade supera a media estata…
16 de junio de 2026 2 min lectura