← Volver Diario do Limia

A Limia vivirá un eclipse solar total o 12 de agosto de 2026

A Limia vivirá un eclipse solar total o 12 de agosto de 2026

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A comarca da Limia será un lugar privilexiado para ver o eclipse solar total que terá lugar na tarde do mércores 12 de agosto de 2026.

O fenómeno comezará arredor das 19:33 horas en toda a comarca, sendo Vilar de Barrio o primeiro punto en notar o inicio. O momento de máxima ocultación, cando o sol quedará cuberto por completo, producirase sobre as 20:30 horas en todos os municipios e o eclipse rematará pouco antes das 21:24 horas.

Para gozar do fenómeno con seguridade, ten en conta estes consellos:

O eclipse poderá verse desde os once concellos da zona: Xinzo de Limia, Baltar, Calvos de Randín, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio e Vilar de Santos.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
A Limia Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Limia homenaxea a Otero Pedrayo con dúas xornadas dedicadas á súa obra e á Lagoa de Antela
Diario do Limia A Limia homenaxea a Otero Pedrayo con dúas xornadas dedicadas á súa obra e á Lagoa de Antela
A Limia únese á conmemoración do Ano Oteriano 2026 con dous encontros culturais que analizarán a profunda relación de Ramón Otero Pedrayo coa comarca e coa Lagoa de Antela os días 5 e 12 de setembro. Estas sesións, abertas ao público, buscan achegar o legado do escritor galego desde unha perspectiva literaria, histórica e paisaxística: 5 de setembro en Vilar de Santos: Museo Etnográfico da Limia, ás 11.30 horas. Contará con relatorios de Paco López-Barxas, Patricia Arias Chachero e Xosé Carlos…
2 de septiembre de 2026 1 min lectura
391 agricultores de Ourense reciben máis de medio millón de euros en axudas para fertilizantes
Diario do Limia 391 agricultores de Ourense reciben máis de medio millón de euros en axudas para fertilizantes
Un total de 391 agricultores da provincia de Ourense comezarán a recibir axudas directas do Goberno central para mercar fertilizantes. En total, repartiranse 508.183 euros para compensar o encarecemento deste produto esencial para o campo. A primeira listaxe de beneficiarios xa está publicada e abrangue unha superficie de 10.715 hectáreas. As axudas divídense segundo o tipo de cultivo: Regadío: 166.399 euros (ata 92,50 euros por hectárea). Secaño: 341.784 euros (ata 38,33 euros por hectárea).…
7 de septiembre de 2026 1 min lectura
Mirian Opazo, nova responsable do BNG en Arnoia-A Limia
Diario do Limia Mirian Opazo, nova responsable do BNG en Arnoia-A Limia
A asemblea comarcal do BNG elixiu por unanimidade a Mirian Opazo como nova responsable do partido na zona, substituíndo a Marcos Nogueiras, alcalde de Vilar de Santos. O novo equipo directivo complétase cos seguintes cargos: Vicerresponsable: Vanessa Díaz (Xunqueira de Ambía). Responsable de Organización: Roi García (Allariz). Apoio técnico: Sonia Fondevila (Porqueira). Opazo aposta por unha política de proximidade, lonxe dos despachos, centrada nos problemas cotiáns da veciñanza. Entre as …
16 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser