← Volver Diario do Limia

Alerta Laranxa por Choivas en Ourense

Alerta Laranxa por Choivas en Ourense

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou a alerta laranxa por fortes precipitacións na provincia de Ourense. Espéranse acumulacións de choiva que poderían superar os 80 milímetros en 12 horas nas comarcas do Noroeste, Miño e Sur de Ourense dende a mañá do luns 26.

Nestas mesmas zonas, as precipitacións poderían ser aínda máis intensas, con valores puntuais de ata 150 mm en 12 horas na Baixa Limia, o que aumenta o risco de incidencias.

Ademais, mantense a alerta amarela por choivas en diversas zonas dende a mañá do luns. Prevénse precipitacións de ata 15 mm por hora na Coruña (Interior), Ourense (Noroeste, Miño e Sur) e Pontevedra (Interior). Tamén se esperan acumulacións de ata 50 mm en 12 horas en toda a provincia da Coruña, Lugo (Centro, Montaña e Sur), Ourense (Montaña) e Pontevedra (Rías Baixas e Miño).

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior recomenda adoptar medidas preventivas e, en caso de necesidade, mobilizar os recursos dispoñibles. En situación de emerxencia, a cidadanía debe contactar co 112.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
A Limia Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Vintetrés novos gardas civís en prácticas reforzan a seguridade na provincia de Ourense
Diario do Limia Vintetrés novos gardas civís en prácticas reforzan a seguridade na provincia de Ourense
Un total de 24 gardas civís alumnos incorporáronse este domingo, 29 de xuño, á Comandancia de Ourense para realizar o seu período de prácticas, coincidindo co inicio da época estival. Os novos efectivos, procedentes das academias de Baeza e Valdemoro, completarán a súa formación durante as próximas 40 semanas en unidades de seguridade cidadá. O obxectivo deste período é que adquiran a experiencia necesaria para acadar a condición de gardas civís profesionais. A distribución dos alumnos polos d…
29 de junio de 2026 1 min lectura
O cancro de pel segue en aumento: claves para a prevención e a detección precoz
Diario do Limia O cancro de pel segue en aumento: claves para a prevención e a detección precoz
O cancro de pel continúa a ser un dos tumores máis frecuentes e, ao mesmo tempo, un dos máis evitables. En España, durante o ano 2023 diagnosticáronse 6.800 novos casos de melanoma cutáneo, unha cifra que podería reducirse significativamente con medidas de protección axeitadas. A Asociación Española Contra o Cancro puxo en marcha a campaña "Está protexido, pero a súa pel non". Esta iniciativa pon o foco en colectivos vulnerables como a poboación infantil, os traballadores que realizan a súa act…
3 de julio de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser