← Volver Dende A Limia

Xinzo está de Campus

Xinzo está de Campus

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Tanto o A.B. Xinzo como as E.D.C  Xinzo teñen comezaron onte os seus respectivos Campus para a base para nenos e nenas nados entre o 2011 e o 18.  Como soe ser habitual os que escolleron o fútbol solen ser un número superior. Neste caso 67 contra un medio cento que se decantaron polo Basket.

En horario de mañá de 10 a 13:30, uns despiden a temporada para voltar no mes de setembro e outros veñen a ver «de que vai isto» do fútbol e do basket.
As sedes dos dous campos son os campos da Moreira, tanto o artificial como o de herba e o Pavillón de Deportes da Vila.

Todos contan con monitores e adestradores que intentan transmitir, sobre todo os hábitos de facer deporte dende os primeiros anos.
Pero como todo deporte necesita acollida de enerxía, no momento das nosas instantáneas os e as do campus de basket estaban no momento de repoñer forzas, e por que non socializar un rato.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Inversión de máis de 197.000 euros na creación de tres novos pasteiros en Bande e Lobeira
Dende A Limia Inversión de máis de 197.000 euros na creación de tres novos pasteiros en Bande e Lobeira
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, visitou os concellos de Bande e Lobeira para supervisar a finalización de tres pasteiros. Estas actuacións representan un investimento superior aos 197.000 euros. O obxectivo principal destas obras é fomentar o desenvolvemento rural, promover a conservación da biodiversidade e dos ecosistemas agroforestais, e contribuir á prevención de incendios forestais mediante a práctica da…
21 de mayo de 2026 2 min lectura
Xornadas de Portas Abertas e Matriculación para o Novo Curso de Música
Dende A Limia Xornadas de Portas Abertas e Matriculación para o Novo Curso de Música
Co obxectivo de presentar a súa proposta educativa e fomentar a iniciación musical, a institución organiza unhas xornadas de portas abertas dirixidas a todas as persoas interesadas en coñecer o centro e resolver calquera dúbida sobre os seus estudos. Detalles do evento: Datas: 3, 4 e 5 de xuño (mércores, xoves e venres). Horario: De 16:00h a 20:00h. Ademais, informa de que xa se encontra aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso académico.
1 de junio de 2026 1 min lectura
Lanzamento dos campamentos de verán "Ourense Explora" e "Music Camp"
Dende A Limia Lanzamento dos campamentos de verán "Ourense Explora" e "Music Camp"
A Deputación de Ourense presentou a nova edición de dous dos seus clásicos campamentos de verán, que se desenvolverán no Complexo Turístico de O Corgo (Muíños), nun enclave próximo á praia fluvial das Conchas. No acto de presentación participaron representantes da Deputación e das entidades organizadoras de cada proxecto. Ourense Explora Este proxecto, organizado por Sustinea en colaboración coa Deputación, ten un enfoque lúdico e educativo, combinando actividades de natureza, deportes, xogos …
3 de junio de 2026 2 min lectura