← Volver Dende A Limia

​Xinzo anuncia a bolsa de coidado de menores dentro do Plan Corresponsables

​Xinzo anuncia a bolsa de coidado de menores dentro do Plan Corresponsables

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres, pon en marcha por primeira vez, dentro do Plan Corresponsables, a bolsa de coidados profesionais de menores, tanto en instalacións públicas como en domicilios, dende o 01 de xullo até o 30 de setembro.

Estas bolsas de coidados profesionais están orientadas a favorecer a conciliación das familias con menores a cargo, dándolle prioridade ás unidades monomarentais, ás vítimas de violencia de xénero, a mulleres en situación de desemprego ou situacións familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
A bolsa de coidados profesionais de menores abarca dúas modalidades: o Concilia Verán, e a bolsa de coidados profesionais en domicilios. O Concilia Verán é un espazo de coidados para menores entre 3 e 16 anos, en instalacións públicas, de luns a venres en horario de mañá de 09:00 a 15.00 horas con grupos de 15 persoas por quinquena. Á fronte do Concilia estarán dúas profesionais con experiencia en actividades con menores e formación académica regrada.
A outra modalidade é a bolsa de coidados profesionais de menores en domicilios, que se desenvolverá en horario de tarde, de luns a venres. A demanda deste servizo terá que realizarse con dous días de antelación chamando ao CIM de Xinzo de Limia. 
Este proxecto está financiado polos fondos finalistas do Estado do Plan Corresponsables, do Ministerio de Igualdade e da Consellería de Política Social e Igualdade. 

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
Dende A Limia Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
O programa de Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural conclúíos as súas sesións formativas, unha iniciativa promovida polo CDR O Viso en colaboración co Concello de Trasmiras. O obxectivo principal foi dotar as persoas coidadoras de ferramentas prácticas e crear espazos de encontro para fortalecer as redes de apoio entre elas. Durante as xornadas, abordáronse temas fundamentais para o coidado diario, entre os que destacan: Coñecemento de demencias e enfermidades dexenerativas…
2 de junio de 2026 2 min lectura
A Deputación de Ourense e a Xunta modernizan as prazas de abastos do Carballiño e Xinzo de Limia
Dende A Limia A Deputación de Ourense e a Xunta modernizan as prazas de abastos do Carballiño e Xinzo de Limia
A Deputación de Ourense e a Xunta de Galiciaasinaron dous convenios específicos para a modernización das prazas de abastos do Carballiño e Xinzo de Limia, mobilizando investimentos que superan os 1,6 millóns de euros. O acto, celebrado no Pazo Provincial, contou coa presenza do presidente provincial, Luis Menor; o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; e os alcaldes de ambas localidades, José Castro e Amador Díaz. Estas actuacións forman parte dun protocolo de colaboració…
19 de mayo de 2026 2 min lectura
Substitución no Concello de Sandiás: Alejandro Portela incorporaся ao pleno municipal
Dende A Limia Substitución no Concello de Sandiás: Alejandro Portela incorporaся ao pleno municipal
O venres 29 de maio, Alejandro Portela incorporouse oficialmente ao pleno municipal de Sandiás. O novo edil pasa a ocupar a acta deixada por Pilar Cabrera, concelleira responsable das áreas de Política Social e Participación Veciñal, quen renunciou ao seu cargo por motivos de saúde. Durante o acto, o alcalde Felipe Traveso deu as boas vindas a Portela, expresando o desexo de que a súa labor sexa en beneficio dos veciños e veciñas. Por súa parte, o novo concelleiro manifestou a súa total disposi…
31 de mayo de 2026 1 min lectura