← Volver Dende A Limia

Varias agrupacións de voluntarios da Limia reciben novo material

Varias agrupacións de voluntarios da Limia reciben novo material

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Xunta entrega equipamento de emerxencias a 28 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de 26 concellos e 2 Mancomunidades de Concellos da provincia de Ourense que suman un investimento de máis de 115.000 euros. Trátase de 2 remolques, 11 tendas de campaña para a atención ás emerxencias e 8 ferramentas eléctricas, así como 7 kits de material loxístico para a seguridade viaria.
As agrupacións de Voluntarios da provincia de Ourense beneficiarias son as Allariz, Barbadás, Boborás, Cortegada/Padrenda, Maceda, A Pobra de Trives. Avión, O Bolo, Manzaneda, Petín, Verín, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Maside, Sandiás, Amoeiro, Baños de Molgas, O Barco de Valdeorras, Beariz, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Rúa, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo, Vilamartín de Valdeorras, e as mancomunidades do Ribeiro e Terra de Celanova.
Os remolques entregados contan con electro bomba somerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil, motoserra, rozadoira, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización. Pola súa banda, as tendas de campaña teñen teitos de 4×4 metros, estruturas reforzadas de aluminio e kit de iluminación de baixo consumo, entre outras características. En canto ás ferramentas eléctricas, o kit consta de amoladora, serra sable, motoserra con mochila para transporte, taladro percutor, miniarrancador, baterías e cargadores.

O material loxístico para a seguridade viaria inclúe unha mampara de protección visual plegable, soportes telescópicos antivento, pack de sinalización, tetrápodos con reflectantes, balizas sincronizables e lanternas.
O equipamento entregado enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Dos 86 colectivos beneficiarios desta convocatoria,  28 son  de Ourense. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia.
A Xunta reafirma o compromiso cos servizos de emerxencias a pesar de ser competencia local -dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación-. Nesta liña, a Xunta realizou nos últimos anos un importante investimento para reforzar o equipamento aos servizos de emerxencias municipais. Só no caso de Protección Civil, as achegas dos últimos anos para o financiamento da súa actividade, equipamento e formación suman máis de 22 millóns de euros. De feito, neste ano, preto de 200 AVPC se beneficiaron da orde anual para gastos de mantemento, dotada con 340.000 euros.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Presentación de PRECIGAL: Innovación na agricultura de precisión galega
Dende A Limia Presentación de PRECIGAL: Innovación na agricultura de precisión galega
O proxecto PRECIGAL foi presentado oficialmente no Salón de Graos do Campus de Ourense. Esta iniciativa de investigación e desenvolvemento busca aplicar tecnoloxías de precisión nos tres cultivos máis estratéxicos para Galicia: o millo, a pataca e o viñedo. Obxectivo e funcionamento tecnolóxico O propósito central de PRECIGAL é desenvolver unha plataforma dixital intelixente, modular e escalable que integre nun único ecosistema diversas ferramentas tecnolóxicas que actualmente funcionan de for…
22 de junio de 2026 2 min lectura
A Asociación Civitas Limicorum prepara a XXVI Festa do Esquecemento en Xinzo
Dende A Limia A Asociación Civitas Limicorum prepara a XXVI Festa do Esquecemento en Xinzo
A Asociación Civitas Limicorum celebrou a súa primeira asemblea anual, marcando o inicio dos preparativos para a XXVI Festa do Esquecemento. Durante o encontro, certificouse o crecemento do colectivo, que xa conta con un total de 700 socios. A gran cita histórica, que recrea o ano 137 a.C., terá lugar os días 21, 22 e 23 de agosto de 2026. Esta edición será a máis importante ata o momento, xa que prevé contar coa participación récord de 54 grupos. O obxectivo da directiva, encabezada por Marcos…
24 de mayo de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense entrega 511 equipos de extinción de incendios financiados por ABANCA e Afundación
Dende A Limia A Deputación de Ourense entrega 511 equipos de extinción de incendios financiados por ABANCA e Afundación
A Deputación de Ourense xestionou a entrega de 511 equipos de extinción de incendios forestais para os concellos rurais da provincia, unha iniciativa financiada por ABANCA e a súa Obra Social, Afundación. O acto de entrega realizouse no Parque de Maquinaria da Deputación coa participación de Luis Menor (presidente da Deputación de Ourense), José María Jardón (director de ABANCA en Ourense), José Manuel Mourelo (coordinador de RSC de Afundación) e Jesús Combarro (director de Banca Agro de ABANCA)…
16 de junio de 2026 2 min lectura