← Volver Dende A Limia

Unha ex alcaldesa satisfeita

Unha ex alcaldesa satisfeita

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Hoxe cumprimos unha dobre misión:
– A primeira con Xinzo, coa aprobación dun proxecto de vital importancia para a vila e que marcará un antes e un despois para todos e todas as que vivimos nela.
– A segunda, que para min é especialmente importante, coa palabra dada nun tempo en que as promesas e mesmo os compromisos se escriben moitas veces sobre papel mollado.
Veñen ambas reflexións a conto de que acabo de asistir na Subdelegación do Goberno en Ourense á detallada explicación de Ángel del Río, Xefe de Demarcacion de Carreteras en Galicia, sobre o proxecto de humanización da estrada N-525 en Xinzo, do que tamén foi un gran impulsor.
Un proxecto no que puxemos todo o noso traballo e esforzo desde o ano 2021 para que saira adiante, tal e como acaba de suceder, no que a miña implicación foi máxima e que agora será financiado íntegramente polo Ministerio de Transporte do Goberno de España con 4.799.995,85€ (IVE incluído)

Unha grande nova que chega para contradecir as moitas declaracións dos responsables do PP local (máis de prometer que de cumprir), que nunca creeron neste proxecto, afirmando que só era una promesa (ten certa gracia que o digan eles), pero que hoxe vemos como se convirte nunha realidade que me enche de satisfacción, pois paga de abondo os 4 anos que estiven na Alcaldía de Xinzo.
Coa aprobación do director xeral de Carreteras, Juan Pedro Palomino, o pasado día 3 de xullo, comeza a fase de licitación e adxudicación desta obra tan importante na principal estrada do pobo, para convertela nunha travesía con tódolos servizos novos, beirarúas e carrís bici, que contará con duas novas rotondas e pasos de peóns sobreelevados.
Un proxecto que se executará, unha vez adxudicado en 12 meses e que, seguro, tamén ocasionará algúns trastornos, como todas as grandes obras, pero que transformará a fisonomía e urbanidade da vila para sexa un referente de mobilidade, seguridade e sostenibilidade a nivel nacional.
Sintome enormemente agradecida de ter contribuido a esta importante actuación que tanto necesita a nosa vila e quenes vivimos nela.
Este tempo, no que deixei de ser alcaldesa de Xinzo para liderar a oposición, demostroume que traballar por esta vila non ocupa lugar, pois seguiron sendo moitas as conversas co Ministerio para empurrar eloitar por este proxecto, moito máis, me atrevería a dicir, que o propio goberno local.
Pelexar por Xinzo é precisamente o que seguiremos a facer, como sempre, desde o PSOE, cos meus compañeiros, sen preocuparnos o lugar que ocupemos. Ogallá a Xinzo lle siga indo todo igual de ben como lle irá con esta importante obra.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Asociación Civitas Limicorum prepara a XXVI Festa do Esquecemento en Xinzo
Dende A Limia A Asociación Civitas Limicorum prepara a XXVI Festa do Esquecemento en Xinzo
A Asociación Civitas Limicorum celebrou a súa primeira asemblea anual, marcando o inicio dos preparativos para a XXVI Festa do Esquecemento. Durante o encontro, certificouse o crecemento do colectivo, que xa conta con un total de 700 socios. A gran cita histórica, que recrea o ano 137 a.C., terá lugar os días 21, 22 e 23 de agosto de 2026. Esta edición será a máis importante ata o momento, xa que prevé contar coa participación récord de 54 grupos. O obxectivo da directiva, encabezada por Marcos…
24 de mayo de 2026 1 min lectura
Nenos de Sandiás coñecen o proceso lácteo na Cooperativa Antelana
Dende A Limia Nenos de Sandiás coñecen o proceso lácteo na Cooperativa Antelana
Nenos e nenas do concello de Sandiás realizaron unha visita educativa á renovada Cooperativa Antelana, situada na Limia, co obxectivo de coñecer de primeira man o proceso de produción de leite. Durante a xornada, os menores percorreron as distintas etapas da explotación, visitando a zona de tenreiros, o área das vacas leiteiras e a zona de munguidura. A cooperativa, fundada en 1983 por doce socios, está a levar a cabo un proceso de modernización centrado no benestar animal. Un dos puntos clave …
19 de junio de 2026 1 min lectura
A Civitas Limicorum presente no 25º aniversario do Arde Lucus
Dende A Limia A Civitas Limicorum presente no 25º aniversario do Arde Lucus
A Asociación Cultural Civitas Limicorum de Xinzo de Limia participou na edición especial Annus Argenteus do Arde Lucus, que conmemorou o seu vixésimo quinto aniversario na cidade de Lugo. A asociación mantén unha vinculación histórica co festival, estando presente desde as súas primeiras edicións e contribuíndo á consolidación deste evento como referente de Interese Turístico Internacional. A delegación da Civitas Limicorum, integrada por membros que representan tanto o bando castrexo como o ro…
22 de junio de 2026 1 min lectura