← Volver Dende A Limia

Un sábado repleto para o A.B.Xinzo

Un sábado repleto para o A.B.Xinzo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

SeniorAinda non comezou a liga, pero que mellor adestramento que xogar partidos amigables. Desta quenda xogaron con Taula e contra o Bosco. A competición comeza o 10 de outubro. JuniorAs xogadoras do Junior Femenino, xogaron o sábado a maña contra Carmelitas, con vitoria clara para as de Ourense (81-45). CadeteOs Cadetes Masculinos 2011, acadaron a vitoria en casa o sábado a tarde (94-27). As Cadetes Femenino 2012, son equipo de primeiro ano e xogaron o seu primeiro partido na casa contra Blanco Amor, con vitoria para as de Ourense (16-79) Os Cadetes Masculinos 2012, outro equipo de primeiro ano, que conta con xogadores da categoría infantil, enfrontaronse a Depordima en Xinzo, con vitoria para os visitantes (49-90) InfantilAs Infantís Femeninas 2013, xogaron na casa contra o Barco e acadaron a vitoria (35-10). O que fai que leven dous partidos xogados e dúas vitorias, un bo comezo de competición. As Infantís Femeninas 2014, outro equipo de primeiro ano, que xogaron o sábado a mañá contra Blanco Amor, con vitoria para as de Ourense (6-56).Os Infantís Masculinos 2014, equipo de primeiro ano, enfrontouse ao Barco, aínda que o marcador foi favorable para os do Barco, os xogadores do A.B.Xinzo fixeron moi bo partido (47-59) LicenciasTendo en conta as multiples disciplinas deportivas que hai en Xinzo, o Baloncesto segue estando moi presente. Queda moita liga por diante, pero de momento xa teñen 190 licencias de xogadores e xogadoras, e as que faltan por chegar. Lembramos que o baloncesto é moito máis cun deporte, no A.B.Xinzo os cativos e cativas aprenden compañeirismo, respeto, valores, disciplina e paixón polo deporte. 

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Investigan a un home de 20 anos por agredir sexualmente a unha menor en Xinzo
Dende A Limia Investigan a un home de 20 anos por agredir sexualmente a unha menor en Xinzo
Un mozo de 20 anos está sendo investigado por un presunto delito de agresión sexual contra unha menor de 16 anos en Xinzo, ocorrido o pasado mércores. Os feitos comezaron cando ambos coincidiron nun autobús. Ao baixar na mesma parada, o home comezou a seguir á adolescente, acosándoa para que lle dese as súas redes sociais e o seu número de teléfono. Ao chegar ao portal da súa vivenda, o agresor achegouse por detrás e tocoulle un peito. O home fuxiu despois de que a menor ameazase con chamar á …
17 de septiembre de 2026 1 min lectura
Localizan a salvo o veciño desaparecido en Chamusiños
Dende A Limia Localizan a salvo o veciño desaparecido en Chamusiños
Un veciño de Chamusiños que estaba desaparecido foi atopado esta madrugada no monte, moi preto da súa casa. O home presenta diversas feridas, polo que foi trasladado ao hospital para recibir atención médica. O operativo de busca activouse entre as 04:00 e as 05:00 horas desta madrugada. Na procura participaron os propios veciños da zona e axentes da Garda Civil. Aínda que estaba previsto usar un dron para facilitar os labores, finalmente non foi necesario ao localizalo pronto. Tras ser atopado…
30 de agosto de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense lanza 350.000 euros en axudas para gandeiros e agricultores
Dende A Limia A Deputación de Ourense lanza 350.000 euros en axudas para gandeiros e agricultores
A Deputación de Ourense abre o prazo para solicitar dúas liñas de axudas dirixidas ao sector primario, que se poden pedir ata o vindeiro 25 de setembro. O obxectivo destas subvencións é mellorar a viabilidade das explotacións e colaborar na xestión do territorio. A contía total destínase a dúas convocatorias específicas: Prevención de incendios e apoio á actividade: Conta con 200.000 euros. Destínanse 25.000 euros para gastos de reciclaxe de plásticos agrícolas e 175.000 euros para mercar maqu…
9 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser