← Volver Dende A Limia

Un adestrador de valores

Un adestrador de valores

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A verdade é que describir o que pasou esta mesma mañá no campo de basket da Universidade en Ourense no enfrontamento polo paso as semifinais da Deputación do equipo mini feminino do A.B. Xinzo contra o Mestre Vide, foi algo digno de saír en todos os informativos a nivel de España.
Sempre é noticia cando os pais e acompañantes dos equipos se enfrascan cos árbitros, pero esta mañá, repito, creo que en poucos campos de España se pode ver.
A primeira das escenas, que colleu o noso fotógrafo foi o momento en que os seguidores do equipo de Xinzo increpaban ao arbitro do encontro, indo por arriba no marcador, e no momento o adestrador, do cal temos que dicir o nome e apelidos en maiúsculas LUIS MIGUEL GIL PENIN dirixiuse aos seus seguidores para reprochar o que estaban a facer dicíndolle dende a cancha que el era o único que podía “dirixirse ” as súas xogadoras e ó árbitro.
Pero non acabou aquí a mañá de sorpresas.
Cando o arbitro deu por finalizado o partido, a mesa comunicou que rematara en empate. A sorpresa foi aínda máis maiúscula cando Luis Miguel, adestrador do equipo de Xinzo se dirixiu a mesa para indicar que repasaran a acta, que había un erro, porque o seu equipo perdía por un punto, que non lle anotaran ao equipo contrario. E así rematou o partido. As xogadoras de Xinzo, quedaron todas desilusionadas, pero acababan de recibir a lección máis importante, posiblemente das súas vidas.
O mundo do baloncesto de Xinzo, pode estar orgulloso de quen preside o club e transmite os valores para ser persoas de ben, sendo isto máis importante que os resultados.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Presentación da XI edición do Ouren Sound Fest en San Cibrao das Viñas
Dende A Limia Presentación da XI edición do Ouren Sound Fest en San Cibrao das Viñas
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, presentou a undécima edición do Ouren Sound Fest, un evento que este ano cambia de escenario para trasladarse ao campo de fútbol do Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas. Este movemento busca a descentralización da cultura cara ao interior de Galicia e o obxectivo de consolidar a provincia como un referente musical. A programación musical desta edición califícase como de "primeiro nivel", combinando artistas de relevancia nacional —destaca…
20 de mayo de 2026 2 min lectura
Éxito de Aira García Teijeiro no Campionato de España Base Alevín
Dende A Limia Éxito de Aira García Teijeiro no Campionato de España Base Alevín
A ximnasta acrobática Aira García Teijeiro, integrante do Clube Burgas de Ourense e natural de Boado (Xinzo), logrou unha destacada actuación no recente Campionato de España Base Alevín celebrado en Granada. O certame contou coa participación de 141 das deportistas máis prometedoras do país. A deportista cosechou os seguintes resultados: Medallas individuais: Ouro nas probas de Trampolín e Minitramp, e bronce na proba de Tumbling. Medalla en conxunto: Prata na proba de trío, formada xunto a M…
5 de junio de 2026 1 min lectura
A importancia de vivir nunha contorna que alimente a nosa identidade
Dende A Limia A importancia de vivir nunha contorna que alimente a nosa identidade
Preparación da horta en Lodoselo En Lodoselo iniciáronse as tarefas de preparación da horta utilizando bancos de cultivo elevados. Este sistema permite crear un espazo accesible, facilitando a participación de todas as persoas de forma cómoda e segura. A actividade ten como obxectivo fomentar o traballo en equipo e o contacto co medio natural, ao tempo que traballa aspectos fundamentais como a motricidade, a coordinación, a estimulación cognitiva e a autonomía dos participantes. Esta labor es…
29 de mayo de 2026 1 min lectura