A Asociación Cultural Teatro Aneis invita a toda a veciñanza a coñecer a súa actividade nas xornadas de portas abertas que celebrará na Casa da Cultura de Xinzo.
Podes participar sen necesidade de saber de teatro e para calquera idade nos seguintes días e horarios:
- Xoves 24 de setembro de 17:00 a 19:00 horas.
- Xoves 1 de outubro de 17:00 a 19:00 horas.
Ademais, xa están abertas as inscricións para a nova temporada, que conta con grupos para nenos, adultos e un grupo inclusivo.
Para inscribirte ou pedir máis información, podes:
- Ir directamente á Casa da Cultura.
- Chamar ao 669 38 55 58 ou ao 600 406 202.
- Enviar un correo electrónico a [email protected].