← Volver Dende A Limia

Pictogramas do CEIP Rosalía de Castro en Trasmiras

Pictogramas do CEIP Rosalía de Castro en Trasmiras

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Dentro do programa de Innovación Educativa CP-Inclúe da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, o alumnado de quinto de Educación Primaria do CEIP Rosalía de Castro colaborou na colocación de distintos pictogramas nos edificios públicos e nos parques do Concello de Trasmiras.

Foron as propias nenas desta vila, xa que moitos dos alumnos e alumnas son centro pertencen ao concello de Trasmiras, as que localizaron os distintos espazos e edificios nos que se ían colocar os pictogramas e o resto das súas compañeiras/os participaron hoxe na súa instalación.

En breves días, o centro educativo procederá a xeolocalizar dentro da páxina web de ARASAAC ao Concello de Trasmiras, pasando a ser o terceiro concello inclusivo da provincia de Ourense. Como xa habian feito antes co concello de Xinzo. 
Dende o centro agradecen ao Concello de Transmiras, en especial ao seu alcalde, Emilio J. Pazos Ojea e ao persoal da Brigada de Obras, por darlles todas as facilidades para levar a cabo este proxecto.

O uso de pictogramas ten como obxectivo a inclusión e facilitar o día a día das persoas de calquera idade con necesidades especiais.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Xunta impulsa a acción climática nos municipios galegos con axudas para espazos verdes
Dende A Limia A Xunta impulsa a acción climática nos municipios galegos con axudas para espazos verdes
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou o compromiso da provincia de Ourense coa acción climática tras a resolución da liña de axudas da Xunta para o impulso de espazos verdes e a adaptación fronte ao cambio climático en ámbitos urbanos e periurbanos. Distribución e datos finances A convocatoria conta cun orzamento global de 1,4 millóns de euros, dos cales o 42% (preto de 600.000 euros) destínase a 10 concellos ourensáns que acometerán 11 proxectos. Ourens…
15 de mayo de 2026 2 min lectura
Celanova acolla unha nova edición do Festival de Baile “Baila Conmigo”
Dende A Limia Celanova acolla unha nova edición do Festival de Baile “Baila Conmigo”
A vila de Celanova volta a ser o epicentro da danza con unha nova edición do Festival “Baila Conmigo”, o certame máis lonxevo da súa categoría na Península Ibérica. Esta edición de 2026 contará coa participación de 28 compañías, grupos e solistas de oito nacionalidades diferentes, destacando a presenza da prestixiosa compañía italiana Tropical Gem. O alto nivel artístico do evento está garantido polo palmarés dos seus participantes, que acumulan múltiples títulos mundiais, europeos e nacionais.…
31 de mayo de 2026 2 min lectura
A "Casa da Lagoa" de Sandiás participa nas xornadas para impulsar a museoloxía en Ourense
Dende A Limia A "Casa da Lagoa" de Sandiás participa nas xornadas para impulsar a museoloxía en Ourense
Pepe Gándara, concelleiro de Cultura de Sandiás e coordinador do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, participou nunha serie de xornadas técnicas destinadas a fortalecer e dinamizar o patrimonio cultural da provincia de Ourense. Durante o encontro, presentou o relatorio da "Casa da Lagoa", destacando a súa labor como referente na freely divulgación da memoria e da riqueza natural do complexo húmido Limia/Antela. O programa, desenvolve baixo o lema "Retos compartidos", é unha iniciativa …
19 de mayo de 2026 1 min lectura