← Volver Dende A Limia

«Outra educación é posible»

«Outra educación é posible»

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Fai catro anos un grupo de 4 profes , unha delas destinada e afincada en Xinzo, en plena pandemia tiveron a necesidade de transmitir aos compañeiros e compañeiras unha maneira diferente  na que levaban traballando co seu alumnado e decidiron polo en común.Crearon entón o que logo se chamaría Encontro Educativo Galego, que xa se celebrou en todas as provincias agás Lugo que será este ano.

Participantes edición pasada.
Patricia, Ana, Nuria y Noelia
Estas catro profes traballan cada día co lema de que «outra educación é posible» convencidas de que a comunidade docente galega demanda e necesita máis eventos como este. O día do lanzamento desta xornada, na que solo había 70 prazas, esgotáronse en tan solo 48 horas.  Ante a demanda ampliaron a convocatoria a 100  e nas seguintes 2 horas quedaron tamén esgotadas.

Ana (Profesora en Xinzo)  e Patricia (Vigo), dúas das organizadoras 
Conferencias, talleres e sobre todo transmisión de experiencias  entre os asistentes
Este ano comprenderán a xornada, dúas conferencias e seis talleres nos que se abordarán temas tan diversos e complementarios como a disciplina positiva, as prácticas educativas, a aprendizaxe DUA, a importancia do xogo, metodoloxías activas e innovadoras….ademais de tempo para interaccionar entre os participantes. En definitiva, unhas 8 horas de formación que non deixarán indiferente a ninguén. O lugar de celebración será o hotel Torre de Nuñez e as organizadoras contan que aínda gardan algunha que outra sorpresa, polo que animan a todos e todas a seguir o encontro no instagram @encuentroeducativogalego para non perderse nada, comentan.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Innovación e investigación no cultivo de cereais na Limia
Dende A Limia Innovación e investigación no cultivo de cereais na Limia
O Centro de Investigacións de Mabegondo, baixo a dirección de Luís Urquijo Zamora, realiza anualmente ensaios agronómicos na comarca da Limia con o obxectivo de avaliar novas variedades comerciais de cereais, centrándose principalmente no trigo e no centeo. A finalidade destes estudos é medir características fundamentais como o rendemento, a calidade do grao, a resistencia a enfermidades e a capacidade de adaptación ao medio. Mediante ensaios rigorosos, o centro busca proporcionar datos estatís…
3 de junio de 2026 1 min lectura
Concerto de fin de curso do Conservatorio
Dende A Limia Concerto de fin de curso do Conservatorio
Como o texto proporcionado é moi breve e contén apenas un título e unha mención a unha galería, o resumo limítase á información contida nesa breve frase: A noticia informa sobre a celebración do concerto de fin de curso no conservatorio, destacando a existencia dunha galería de fotos que documenta o evento.
19 de junio de 2026 1 min lectura
Xosé Merelles destaca a importancia da marca Galicia e a inversión en promoción turística
Dende A Limia Xosé Merelles destaca a importancia da marca Galicia e a inversión en promoción turística
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na inauguración do II Taller de Cooperación Turística Internacional de Asicotur. Este encontro reúne a profesionais do sector para debater sobre a cooperación internacional e o uso da imaxe e a promoción como ferramentas para deseñar destinos turísticos competitivos. Durante a súa intervención, Merelles resaltou o impacto da marca Galicia Calidade nas contornas internacionais, definiéndoa como un paraugas de identidade que engloba a ex…
27 de mayo de 2026 2 min lectura