← Volver Dende A Limia

Xinzo acolle este sábado unha charla sobre os Boteiros de Vilariño de Conso

Xinzo acolle este sábado unha charla sobre os Boteiros de Vilariño de Conso

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Casa da Cultura de Xinzo de Limia organiza este sábado, 7 de novembro, ás 12.00 horas, unha xornada divulgativa sobre o Entroido galego aberta a todos os veciños.

O encontro centrarase na figura dos Boteiros de Vilariño de Conso. Dúas mulleres que forman parte desta tradición explicarán en primeira persoa como a viven:

O obxectivo desta iniciativa da Asociación de Amigos do Entroido Tradicional, en colaboración co Concello, é que os protagonistas expliquen os ritos e o proceso de creación destas pezas tan características do noso Entroido.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
ABANCA, Afundación e o Concello de  Xinzo de Limia amosan «Arte e humor. O  enxeño de Antonio Mingote»
Dende A Limia ABANCA, Afundación e o Concello de Xinzo de Limia amosan «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote»
O Concello de Xinzo de Limia, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron hoxe, mércores 21 de outubro, a exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote». No acto participaron o alcalde do Concello de Xinzo de Limia, Amador Díaz; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. A mostra poderase visitar ata o 27 de novembro na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, de luns …
21 de octubre de 2026 3 min lectura
As familias da escola infantil Galiña Azul denuncian que segue a chover dentro do centro
Dende A Limia As familias da escola infantil Galiña Azul denuncian que segue a chover dentro do centro
A ANPA da escola infantil Galiña Azul reclama ao Concello que execute con urxencia os arranxos prometidos no edificio, tras comprobar que as primeiras choivas provocaron de novo filtracións nas aulas. A pesar de que o goberno local se comprometeu a realizar as obras o pasado mes de agosto, a falta de mantemento mantense e afecta á seguridade e benestar dos nenos e do persoal. Os principais problemas sen resolver son: Pingueiras e humidades: A auga entra no interior do centro polas fiestras e o…
7 de octubre de 2026 1 min lectura
Camilo Fernández é o novo alcalde de Rairiz tras prosperar a moción de censura
Dende A Limia Camilo Fernández é o novo alcalde de Rairiz tras prosperar a moción de censura
Camilo Fernández foi elixido hoxe novo alcalde de Rairiz de Veiga tras prosperar a moción de censura presentada contra a rexedora saínte. O pleno estivo marcado pola tensión e as protestas dos veciños que se concentraron ante o consistorio. A sesión comezou con máis de 20 minutos de atraso debido a discusións legais. A alcaldesa saínte consideraba que a convocatoria era irregular xa que dous concelleiros do PSOE non acudiron á cita, mentres que os cinco edís asinantes da moción —exmembros do BN…
4 de noviembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser