← Volver Dende A Limia

ABANCA, Afundación e o Concello de Xinzo de Limia amosan «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote»

ABANCA, Afundación e o Concello de  Xinzo de Limia amosan «Arte e humor. O  enxeño de Antonio Mingote»

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Xinzo de Limia, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron hoxe, mércores 21 de outubro, a exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote». No acto participaron o alcalde do Concello de Xinzo de Limia, Amador Díaz; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. A mostra poderase visitar ata o 27 de novembro na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.30 h e de 15.30 a 21.00 h. A exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote»Esta mostra convida a descubrir a mirada lúcida e mordaz dun dos grandes mestres do humor gráfico español. A través dos seus debuxos, viñetas e reflexións visuais, Mingote retrata con ironía e elegancia a sociedade do seu tempo.Desde que con só 13 anos publicou o seu primeiro debuxo en Gente Menuda, a súa traxectoria e éxito foron imparables. En 1946 empezou a colaborar como debuxante en La Codorniz, onde permaneceu ata 1953. Posteriormente incorporouse ao diario ABC, no que estivo debuxando durante máis de cincuenta anos ata o momento da súa morte. Tamén colaborou con numerosos medios escritos como The New York Times, The Daily Telegraph, Blanco y Negro, Semana, Ínsula ou Interviú.Compaxinou o seu labor de debuxante co de xornalista e novelista e chegou a publicar máis de corenta obras, ademais de participar en pezas de teatro, cine e televisión. A súa extensa traxectoria foi recoñecida con innumerables premios e distincións, entre os que destaca, por exemplo, o mérito de ser o primeiro debuxante en formar parte da Real Academia Española (RAE). Recibiu a Cruz de Caballero de la Orden de Isabel la Católica, o Premio Nacional de Periodismo en 1980, a Medalla de Ouro do Concello de Madrid en 1995, a Medalla de Ouro ao Mérito en el Trabajo en 1996, os doutorados honoris causa polas universidades de Alcalá de Henares e Rey Juan Carlos e, mesmo, os recoñecementos como Alcalde Honorario do Parque do Retiro en 1982 e como Cartero Honorario de España en 1998, entre outros moitos.Esta exposición é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera o arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén neles as actividades da entidade.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
O político popular C. G. asegura que non teme represalias polo seu posicionamento
Dende A Limia O político popular C. G. asegura que non teme represalias polo seu posicionamento
O exconcelleiro de Cultura, C. G., afirma que non lle preocupa sufrir consecuencias políticas dentro do PP polas súas constantes esixencias de investimentos. O político, que no seu día estivo a piques de liderar a candidatura do seu partido, subliñou os seguintes puntos: Lealdade pasada: Recorda que cando Manuel Baltar decidiu que o candidato sería Tony, aceptouno sen problemas e puxo os seus servizos a disposición do partido. Sen ambicións: Asegura que a súa etapa política xa está cumprida e…
29 de septiembre de 2026 1 min lectura
O Antela e o Barco empatan a un no derbi da Moreira
Dende A Limia O Antela e o Barco empatan a un no derbi da Moreira
O Antela e o Barco empataron a un gol este domingo no campo da Moreira, nun encontro da sexta xornada de liga que seguiu en directo máis de 600 afeccionados. O partido estivo moi disputado por ambos os conxuntos. O Antela adiantouse no marcador durante a primeira parte grazas a un tanto de Bernardo. Tras o descanso, un erro defensivo permitiu que o Barco anotase o gol do empate definitivo. Ao encontro asistiron diversas autoridades locais e provinciais, entre elas: Luis Menor, presidente da D…
11 de octubre de 2026 1 min lectura
A Plataforma de Infancia de Galicia marca novos retos e suma a Cáritas Tui-Vigo
Dende A Limia A Plataforma de Infancia de Galicia marca novos retos e suma a Cáritas Tui-Vigo
A Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG) celebrou este martes, 6 de outubro, a súa asemblea anual para avaliar o traballo realizado durante 2026 e trazar as liñas de actuación futuras. O encontro serviu para analizar a situación actual dos menores na comunidade e presentar novos recursos educativos e de concienciación. Entre os puntos máis destacados destacan: Presentación do informe sobre a infancia: Un documento clave para identificar os problemas reais que afectan aos nen…
8 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser