← Volver Dende A Limia

​O limián e profesor da Universidade de Vigo Óscar Ferreiro Vázquez, coordinador do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional, obtén o prestixioso selo de Excelencia Europea.

​O limián e profesor da Universidade de Vigo Óscar Ferreiro Vázquez, coordinador do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional, obtén o prestixioso selo de Excelencia Europea.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Esta honra, outorgado pola Dirección Xeral da Tradución da Unión Europea, sitúa ao MTCI entre os programas de formación en tradución máis senlleiros do espazo europeo. Baixo a coordinación do profesor limián Óscar Ferreiro Vázquez, integrante do departamento de Tradución e Lingüística da UVigo, o MTCI demostrou con fartura o seu cumprimento dos rigorosos criterios de admisión e as normas de calidade esixidos pola Comisión Europea. Este recoñecemento non só destaca a calidade educativa do máster, senón que tamén certifica que o título da UVigo superou con éxito o exhaustivo proceso de avaliación por parte de varios expertos en tradución, necesario para formar parte da rede de Mestrados Europeos en Tradución (EMT).

A obtención deste selo para o período 2024-2029 converte ao MTCI no único programa galego en recibir esta distinción e un do oito españois en alcanzar tal honra. Esta selección foi o resultado dunha convocatoria de concorrencia competitiva na que participaron 87 candidaturas provenientes de 22 países, demostrando así os elevados estándares que o MTCI cumpriu. O profesor Ferreiro subliña a rigorosidade do proceso de avaliación, o cal se realiza cada cinco anos, asegurando que os estándares de calidade mantéñense ao máis alto nivel. «O recoñecemento obtido reforza a nosa dedicación e compromiso coa excelencia académica e profesional no campo da tradución» afirmou Ferreiro.
Este recoñecemento europeo súmase á mención de excelencia de máster universitario previamente outorgada ao MTCI polo goberno da Xunta de Galicia, consolidando aínda máis a súa reputación como un programa líder na formación de tradutores e tradutoras altamente cualificados. Con este selo de excelencia, a Universidade de Vigo reafirma a súa posición na elite da educación en tradución a nivel europeo, ofrecendo ao seu estudantado unha formación de primeiro nivel que cumpre cos máis altos estándares internacionais.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
Dende A Limia Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
O programa de Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural conclúíos as súas sesións formativas, unha iniciativa promovida polo CDR O Viso en colaboración co Concello de Trasmiras. O obxectivo principal foi dotar as persoas coidadoras de ferramentas prácticas e crear espazos de encontro para fortalecer as redes de apoio entre elas. Durante as xornadas, abordáronse temas fundamentais para o coidado diario, entre os que destacan: Coñecemento de demencias e enfermidades dexenerativas…
2 de junio de 2026 2 min lectura
Festa do Peixe en Bande: Programación e tradición
Dende A Limia Festa do Peixe en Bande: Programación e tradición
O Concello de Bande celebrará a súa tradicional Festa do Peixe durante os días 29, 30 e 31 de maio. Este evento, que xa é un símbolo da identidade local, busca homenaxear a historia do pobo e a súa estreita vinculación co río Limia e a cultura da pesca. Actividade previa: Escola de pesca Como preludio á celebración, o vindeiro 26 de maio ás 10:00 horas, o campión do mundo de pesca deportiva David Arcay desenvolverá unha escola de pesca para os nenos e nenas do CEIP Xoaquín Lourenzo no refuxio …
18 de mayo de 2026 2 min lectura
Nova xornada de sendeirismo na Vía da Prata conecta Verín con Xinzo de Limia
Dende A Limia Nova xornada de sendeirismo na Vía da Prata conecta Verín con Xinzo de Limia
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, organizou unha nova etapa de sendeirismo que uniu Verín con Xinzo de Limia. Esta actividade forma parte do programa de promoción e dinamización do turismo e dos itinerarios xacobeos da provincia, e contou cunha participación de preto de 40 peregrinos. Nesta segunda edición, o percorrido iniciouse cunha conexión entre a Vía da Prata e o Camiño Portugués do Interior na zona de Feces (Verín), proseguindo ata Xinzo de Limia. A iniciativa está integrada n…
9 de junio de 2026 2 min lectura