A Agrupación Musical da Limia, con sede en Xinzo de Limia, vén de acadar unha medalla de ouro e a sétima posición no prestixioso World Music Contest celebrado nos Países Baixos.
Este recoñecemento sitúa á banda galega na elite internacional da música de vento. O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá aos músicos na Delegación Territorial para felicitalos polo seu éxito no concurso de Kerkrade, considerado un dos certames máis esixentes do mundo neste eido.