← Volver Dende A Limia

O Concello de Xinzo de Limia esixe ao Ministerio que axilice o proxecto de humanización da N525

O Concello de Xinzo de Limia esixe ao Ministerio que axilice o proxecto de humanización da N525

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Este xoves 06 de xuño tivo lugar unha sesión plenaria de carácter ordinario no Concello de Xinzo de Limia. Durante a mesma, aprobouse de xeito unánime instar ao Ministerio en Madrid que axilice os trámites relativos ao proxecto de humanización da N525 ao seu paso por Xinzo. 
A humanización da N525, que abrangue os tramos das avenidas de Madrid e Ourense, e cuxo proxecto foi publicado no BOE do 26 de abril de 2023, significará un antes e un despois para a vila de Xinzo. O alcalde Amador Díaz declarou que “sempre atendemos todos os requisitos coa máxima colaboración e celeridade, pero vemos que o calendario avanza, e seguimos en fase de revisión dun proxecto comprometido polo Ministerio hai máis dun ano”. 
Adicionalmente, o pleno abordou o expediente de demolición da Presa de Gudín, cun orzamento de 1.200.000 euros, dos cales o Concello aporta o 20%. As obras, que se estiman duren de tres a seis meses unha vez comecen, incluirán a construción dunha balsa para hidroavións e un posible paso aínda non definido que facilitará o tránsito entre os concellos de Xinzo e Baltar. Posteriormente, planease converter o espazo nun entorno agradable e dinamizador do rural.
O pleno tamén aprobou por unanimidade a adhesión ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, así como ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) que nos permitirá acceder aos fondos europeos Next Generation, dos cales aínda non se recibiu ningunha subvención directa.
Outro punto importante foi a instalación do Punto de Actualización de Documentación (PAD), un servizo que facilitará o acceso á administración electrónica a través do reparto de claves, eliminando a primeira barreira de entrada no sistema. A pesar do voto en contra do BNG, a medida foi aprobada por considerarse esencial para romper coa fenda dixital.
Por último, foi aprobado o Plan de Medidas Antifraude do Concello, complementario ao PRTR e requisito indispensable para poder acceder aos fondos Next Generation.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Vilanova dos Infantes proclamada oficialmente como un dos "Pueblos más Bonitos de España"
Dende A Limia Vilanova dos Infantes proclamada oficialmente como un dos "Pueblos más Bonitos de España"
Este sábado, Vilanova dos Infantes foi incluída oficialmente na prestixosa asociación Los Pueblos más Bonitos de España, un recoñecemento que valida o seu alto valor paisaxístico, patrimonial e cultural. Este título sitúa á localidade nun grupo selecto de municipios que destacan pola súa autenticidade e pola preservación do seu legado. O alcalde de Vilanova, Antonio Puga, sinalou que este galardón supón un apoio fundamental ao desenvolvemento sostible e respectuoso do pobo, así como á protecció…
9 de junio de 2026 2 min lectura
Celanova acolla unha nova edición do Festival de Baile “Baila Conmigo”
Dende A Limia Celanova acolla unha nova edición do Festival de Baile “Baila Conmigo”
A vila de Celanova volta a ser o epicentro da danza con unha nova edición do Festival “Baila Conmigo”, o certame máis lonxevo da súa categoría na Península Ibérica. Esta edición de 2026 contará coa participación de 28 compañías, grupos e solistas de oito nacionalidades diferentes, destacando a presenza da prestixiosa compañía italiana Tropical Gem. O alto nivel artístico do evento está garantido polo palmarés dos seus participantes, que acumulan múltiples títulos mundiais, europeos e nacionais.…
31 de mayo de 2026 2 min lectura
Inauguración da recuperación de trens de primeira hora na estación da Gudiña
Dende A Limia Inauguración da recuperación de trens de primeira hora na estación da Gudiña
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este de mañá a recuperación das frecuencias de primeiros trens na estación Porta de Galicia, na Gudiña. O secretario viaxou dende Lugo e foi recibido na estación por unha comitiva de autoridades do PSdeG-PSOE de Ourense, que incluía alcaldes, deputados e representantes das comarcas de Monterrei e Valdeorras. O restablecemento deste servizo de primeira hora é considerado un paso fundamental para corrixir a brecha territor…
20 de mayo de 2026 1 min lectura