O Concello de Xinzo busca establecementos para a cuarta edición do concurso de pinchos Patapas. Os hostaleiros que queiran sumarse teñen de prazo ata o domingo 15 de novembro.
A competición celebrarase na ponte de decembro, concretamente do xoves 3 ao martes 8. Durante estes días, cada pincho custará 2,50 euros e os clientes que completen a ruta poderán optar a un total de 3.000 euros en premios.
Para anotarse, os locais poden utilizar:
- Os grupos de WhatsApp da hostalaría.
- O correo electrónico [email protected].