← Volver Dende A Limia

O concello continúa co rego asfáltico das rúas do casco urbano de Baltar.

O concello continúa co rego asfáltico das rúas do casco urbano de Baltar.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

11 de septiembre de 2023, 11:23

A principios do verán no núcleo da capitalidade de Baltar comezaron as brigadas da Deputación, coa súa maquinaria, o rego e asfaltado de todas as rúas. Por motivos estratéxicos e sen rematar foron facer o de outros pobos grandes como a Boullosa, e agora neste mes volven para Baltar para rematar o asfaltado.
MÁIS DE 100.000 €

Estas obras, que continuarán en demais pobos do municipio estanse acometendo  con cartos do remanente do ano anterior que ten o concello. Completaranse , unha vez que remate en Baltar algunhas rúas dos pobos de Boullosa, San Antoniño, A Quintá , Montecelo e a San Paio, mentres que a climatoloxía o permita. Nestes últimos pobos o rego terá que facerse a man, porque as máquinas non poden pasar por certos lugares dos mesmos.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Baltar Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
Dende A Limia Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
O programa de Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural conclúíos as súas sesións formativas, unha iniciativa promovida polo CDR O Viso en colaboración co Concello de Trasmiras. O obxectivo principal foi dotar as persoas coidadoras de ferramentas prácticas e crear espazos de encontro para fortalecer as redes de apoio entre elas. Durante as xornadas, abordáronse temas fundamentais para o coidado diario, entre os que destacan: Coñecemento de demencias e enfermidades dexenerativas…
2 de junio de 2026 2 min lectura
Peche da campaña de promoción da IXP Pataca de Galicia 2025-2026
Dende A Limia Peche da campaña de promoción da IXP Pataca de Galicia 2025-2026
A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia finalizou a súa campaña nacional de promoción 2025-2026 cun acto de peche e sorteo de premios celebrado na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense. O evento contou co protagonismo de José Manuel Gómez Gómez (presidente da IXP), Martín Alemparte Vidal (director de AGACAL) e Manuel Pardo Cid (delegado territorial da Xunta en Ourense). Impacto e resultados da campaña A iniciativa, que se desenvolveu entre decembro de 2025 e a…
16 de junio de 2026 2 min lectura
A Xunta destina máis de 10 millóns de euros a obradoiros duais de emprego en Ourense
Dende A Limia A Xunta destina máis de 10 millóns de euros a obradoiros duais de emprego en Ourense
A Xunta de Galicia vai investir 10.597.196 euros na posta en marcha de 23 obradoiros duais de emprego na provincia de Ourense. Esta iniciativa beneficiará a 460 alumnos e traballadores, repartidos entre 57 concellos e 4 mancomunidades da zona. Segundo o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, estes obradoiros funcionan como programas mixtos que combinan o emprego con a formación. O obxectivo é que persoas con dificultades de inserción laboral realicen traballos de interese xeral e social a…
11 de junio de 2026 2 min lectura