← Volver Dende A Limia

O CDR O Viso recibe en Lodoselo ós socios do proxecto europeo Coblages

O CDR O Viso recibe en Lodoselo ós socios do proxecto europeo Coblages

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O futuro dos pobos pasa pola xente. Témolo claro. Agora ben, que xente vai vivir nos pobos dentro de 25 ou 50 anos? E canta xente vai vivir neles?
Todas e todos temos referencias de xente vella nos pobos e o perfil está cambiando. Quen non ten na cabeza unha imaxe dalgunha tía María, tía Olimpia ou tía Maruja encollidiñas, cun pano negro na cabeza e toquilla no inverno? Ou dalgún tío Manoel, ou Luís… Xente con engurras profundas e pel queimada dunha vida ligada á terra e ás vacas. Terían 60, 70 ou 80 anos pero a nós parecíanos que tiñan máis de cen porque estaban no pobo antes de chegar nós. Parecían tan vellas coma a igrexa ou o cruceiro. Hoxe a xente  máis vella das nosas aldeas é diferente. Xente de 80 anos que está moza, xente de 85 que pasea quilómetros ó día, xente de 90 que aínda cava a horta… Vivimos moitos máis anos e con maior calidade de vida.Cambiou case todo. Os hábitos alimentarios, o coidado da saúde, a hixiene, as condicións domésticas, etc. 

E como será o futuro?Non o sabemos. Seguramente naide o saiba.
No ámbito universitario tampouco teñen resposta pero xa se puxeron a traballar nela. Coa Facultade de Ciencias de Educación do Campus de Ourense da Universidade de Vigo á cabeza e da mau da Universidade de Viseu, botou a andar un proxecto europeo para estudar cal é formación da xente moza en cuestións de envellecemento tamén para estudar dende unha óptica interxeracional problemáticas actuais e retos futuros co obxectivo de darlle a resposta máis eficaz. Desenvolver unha metodoloxía de aprendizaxe comunitaria no ensino superior para ter estudantes mellor preparados para un mundo envellecido. Con este reto, desde setembro de 2023 e ata febreiro de 2026 catro universidades e unha ONG de Portugal, Turquía, Romanía e España desenvolven o proxecto europeo Coblages. A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense é unha desas institucións participantes. Isto permitiu que o amigo e decano da Facultade de Educación, Xosé Manuel Cid e a amiga e profesora Esther Pérez trouxesen onte a un equipo de profesores e profesoras a Lodoselo para coñecer o proxecto do CDR. Chegaron dende Turquía, Rumanía e Portugal nunha sorte de crisol académico que deixou, unha vez máis, folgos renovados no CDR. A globalización presenta retos que se repiten á vez en moitos outros lugares do mundo e as respostas, sempre locais e adaptadas ó contexto real, infinitas.Nós seremos a tía María, ou o tío Manoel de dentro de 25 ou 50 anos. Como seremos? Como será o pobo? Que servizos imos ter? Cales imos necesitar? O CDR xa está con estas cuestións nos miolos porque a misión é inquebrantable: a vida no rural.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Experiencia educativa e natureza en "A Abelliña azul"
Dende A Limia Experiencia educativa e natureza en "A Abelliña azul"
No centro "A Abelliña azul - O Mel da Inés", realizouse unha xornada de aprendizaxe vivencial dirixida a nenos e familias, centrada no mundo das abellas e o ecosistema arredor. A actividade consistiu nunha serie de xornadas didácticas que incluíron: Contacontos e explicacións sobre o funcionamento das colmeas, o mel e o pole. Observación da cera e degustación de diferentes tipos de mel. Visita guiada ao bosque autóctono galego e observación directa das colmeas. O obxectivo principal…
24 de mayo de 2026 1 min lectura
Concerto Grao Elemental e Graduación de 4º de G.E  (Galeria de Fotos)
Dende A Limia Concerto Grao Elemental e Graduación de 4º de G.E (Galeria de Fotos)
Dado que o texto proporcionado é moi breve (unha simple manchete), o resumo detállase baseándose na información dispoñible: Concerto e Graduación do Grao Elemental Celebrouse o concerto do Grao Elemental e o acto de graduación dos alumnos de 4º de Grao Elemental. O evento, que marca a culminación desta etapa formativa para os estudantes, quedou rexistrado nunha galería de fotografías.
12 de junio de 2026 1 min lectura
A Xunta e o Concello de Sandiás acordan colaboración para financiar proxectos estratéxicos
Dende A Limia A Xunta e o Concello de Sandiás acordan colaboración para financiar proxectos estratéxicos
O pasado luns 25 de maio, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión co alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, acompañado polos concelleiros Tito Traveso e Benigno Casares. Este encontro forma parte dunha serie de contactos que o Goberno galego está a levar a cabo cos distintos concellos da comunidade para analizar iniciativas que requiran o apoio da Administración autonómica. O obxectivo principal da sesión foi tratar diferentes proxectos destinados a reforzar os serviz…
26 de mayo de 2026 1 min lectura